O incendio dun camión que transportaba madeira en Arzúa obriga a cortar a circulación na N-547 durante unha hora

Os xestores do 112 tamén pasaron o aviso aos bombeiros do municipio, aos voluntarios de Protección Civil, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico e ao servizo de mantemento da vía de circulación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2020 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

Un incendio rexistrado nun camión de transporte de madeira obrigou a cortar a circulación na N-547 no centro de Arzúa  durante unha hora, ata que foi apartado da vía.

En concreto, segundo informa o 112 Galicia, ocorreu ao fío das 13,45 horas deste martes. Nese momento, varias persoas chamaban á central de emerxencias para alertar do ocorrido.

Así, de acordo con fontes da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), o tráfico estivo cortado durante aproximadamente unha hora no pleno centro urbano de Arzúa, concretamente na avenida de Lugo.

Os xestores do 112 tamén pasaron o aviso aos bombeiros do municipio, aos voluntarios de Protección Civil, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico e ao servizo de mantemento da vía de circulación.

Finalmente, o camión foi retirado por un guindastre e a circulación foi restablecida desde as 18,30 horas da tarde.

INCENDIO NUN GARAXE

Por outra banda, un incendio rexistrado no interior dun garaxe en Porto do Son,  calcinou un vehículo e varios obxectos sen deixar danos persoais. De acordo con información do 112, o lume orixinouse nunha bomba de calor.

A central de emerxencias tivo constancia do suceso sobre as 16,45 horas da tarde, a través da chamada dun dos habitantes da vivenda.

Así, os xestores do 112 pasaron o aviso aos bombeiros de Ribeira e Boiro, que enseguida se desprazaron ao momento. Do mesmo xeito, puxeron os feitos en coñecemento dos axentes da Garda Civil e Policía Local e dos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Segundo a información recibida no 112 Galicia, os servizos de emerxencia finalizaron as tarefas de extinción do lume pasados uns minutos das 18,00 horas da tarde.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta