A montaña de Lugo e de Ourense, en alerta amarela por treboadas ao longo deste xoves

A situación podería estenderse dende o mediodía ata a última hora da tarde.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2020 | Actualizada ás 11:12

Comparte esta noticia

A apenas 4 días da entrada do verán, Lugo e Ourense volven a un tempo máis propio do inverno e o outono que da tempada estival. Ambas provincias rexistrarán fortes treboadas ao longo desta tarde, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía, que vén de activar a alerta amarela para as zonas afectadas. En concreto, os fenómenos adversos afectarán ás zonas montañosas pero tamén ós territorios máis ao sur de ambas provincias. Segundo AEMET, este fenómeno arrincará arredor do mediodía e podería estenderse ata as 7 da tarde.

Dúas persoas suxeitan un paraugas durante unha treboada nunha imaxe tomada durante o estado de alarma. MARÍA JOSÉ LÓPEZ -EUROPA PRESS
Dúas persoas suxeitan un paraugas durante unha treboada nunha imaxe tomada durante o estado de alarma. MARÍA JOSÉ LÓPEZ -EUROPA PRESS | Fonte: Europa Press

O resto de Galicia, en principio, non se verá afectado polo fenómeno, rexistrando tan só brétemas matinais que se irán disipando ao longo da tarde. Este xoves hai un total de 22 provincias do centro e norte peninsular en aviso por risco de choivas, altas temperaturas e a nomeadas treboadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta