GC Aberto

A Mariña sálvase loitando

Por admin | GC ABERTO | 25/06/2020

Comparte esta noticia

O nacionalismo asume a esperanza do povo galego. Mais querer rachar co “Encorsamento” que padecemos e acalar as voces daqueles que o xustifican, precisa da participación consciente da maior parte posíbel da sociedade galega. Compre analisar cada circunstancia nova sen rixidez para maniobrar correctamente na conquista do maior apoio social posíbel. Porque o problema non é só mudar a realidade. O máis difícil virá despois, cando teñamos que navegar nos temporais do insulto, da provocación, do boicot e das agresións daqueles que tentarán que nada mude na Nosa Terra.

Traballadores de Alcoa camiñan pola rúa cunha pancarta na que se le 'Sen Industria Non Hai Futuro', durante unha nova manifestación  en Foz, Lugo, Galicia (España) a 14 de xuño de 2020.. Carlos Castro - Europa Press
Traballadores de Alcoa camiñan pola rúa cunha pancarta na que se le 'Sen Industria Non Hai Futuro', durante unha nova manifestación en Foz, Lugo, Galicia (España) a 14 de xuño de 2020.. Carlos Castro - Europa Press

Porque para a esperanza de PP-VOX, é que forzas políticas coma o BNG non axiten a concienciación galega, que non infundan espíruto de loita entre o descontento social. De facelo, de seguro que voltarán á calumnia contra o nacionalismo, tachandoo de radical- batasuno. Porque precisamente o seu obxectivo consiste en promover a desideoloxización e manter esta dependencia material, paradoxicamente no País co maior potencial productivo do Estado.

Arestora hai un conflicto político-social-laboral aberto na Mariña Lucense. Como se ten dito, nel misturase espolio dos recursos naturais, privatización do público, insalubridade laboral, portas xiratorias e o desinterese político polos noso futuro. Como acontece co naval, coa banca, co sector lácteo, …non virá solución de fóra. Polo tanto, fai falla espertar ao povo. Falarlle na súa lingua e de forma clara. Sen agochos nin frases feitas. As nosas clases dirixentes, e o nacionalismo-galeguismo en xeral, deben ser quenes de elevar este conflicto a un novo escenario, de avanzar un chanzo na concienciación nacional. De ampliar a resposta social a un contexto de País, entroncando A Mariña coa situación de Emerxencia Nacional que se vive no País. Porque é nestas loitas, e non nos petit comités, onde se formará a verdadeira e única base para acadar máis soberanía. É destas loitas, de onde sairán, non só os apoios, senón tamén os nomes dos cadros políticos que consolidarán un futuro para este País.

Xose Rios Cidrás.

Ex secretário Comarcal CIG-A Mariña 2000-2003.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta