Os 29 colexios profesionais sanitarios de Galicia preparan unha homenaxe ás vítimas do coronavirus

Será o 28 de xullo.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 29/06/2020 | Actualizada ás 15:54

Comparte esta noticia

Os 29 colexios profesionais sanitarios de Galicia reuniranse este martes en Santiago de Compostela para organizar unha homenaxe ás vítimas do coronavirus COVID-19 que terá lugar o 28 de xullo.

Un infectado de coronavirus sendo trasladado en ambulancia ao hospital por persoal sanitario
Un infectado de coronavirus sendo trasladado en ambulancia ao hospital por persoal sanitario | Fonte: © Miguel Núñez

A reunión terá lugar este martes ás 17,00 horas na sede compostelá do Colexio oficial de Médicos da Provincia da Coruña, informaron os organizadores, que destacaron que "se reunirán por primeira vez na súa historia os 29 colexios profesionais sanitarios de Galicia".

O obxectivo deste encontro é "organizar unha homenaxe ás vítimas do COVID-19" que terá lugar o 28 de xullo no Salón Nobre do Pazo de Fonseca, cedido pola USC, indicaron.

As 29 institucións colexiais engloban a 15 profesións sanitarias: dentistas-odontólogos, dietistas-nutricionistas, enfermeiros, farmacéuticos, fisioterapeutas, hixienistas dentais, logopedas, médicos, ópticos-optometristas, podólogos, protésicos dentais, psicólogos, terapeutas ocupacionais, traballo social e veterinarios.

A iniciativa partiu do Consello Galego de Colexios Médicos e contou co "apoio absoluto de todas as profesións sanitarias de Galicia", aseguraron.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta