Unha empresa galega participa nun proxecto europeo para mellorar a reutilización da auga

Busca reducir os custos que implica a xestión de lodos e mellorar o impacto ambiental que leva a depuración.

Por E.P. | VIGO | 29/06/2020 | Actualizada ás 20:21

Comparte esta noticia

A empresa galega Aimen Centro Tecnolóxico participa nun proxecto europeo liderado por Aqualia que busca articular solucións innovadoras para o tratamento, a reutilización e a recuperación de recursos de auga en áreas pouco poboadas.

Para iso, aplicarase unha combinación de tecnoloxías intensivas e extensivas, segundo trasladou Aimen Centro Tecnolóxico nun comunicado. Ademais, a iniciativa, denomidada INTEXT, comprende o desenvolvemento e a activación dun sistema de seguimento intelixente para controlar estas ferramentas e favorecer a adopción de decisións de modo inmediato.

Deste xeito, a validación das tecnoloxías sinaladas ofrecerá distintas alternativas que poderán ser combinadas en depuradoras de núcleos pequenos de poboación. Así, permitirase a adaptación destas formulacións de acordo coas necesidades das Estacións Depuradoras de Augas Residuais (Edar).

En concreto, as tecnoloxías que se aplicarán en INTEXT inclúen reactores anaerobios ou hidrolíticos, sistemas de microalgas e humidais construídos e sistemas de plantas helófitas. O proxecto tamén comprende tratamentos de recuperación de nutrientes por absorción, sistemas solares para a desinfección da auga; e tecnoloxía 'smart irrigation' para reutilizar a auga depurada como rega.

Esta iniciativa expón a combinación destas tecnoloxías, que se probaron de forma individualizada nunha mesma planta depuradora. Así, poderanse tratar augas residuais para obter recursos hídricos depurados e desinfectados que poidan ser reutilizados. Adicionalmente, estas ferramentas permitirán a obtención de recursos de alto valor engadido, como biogás para enerxía e combustible, ademais de fósforo e nitróxeno para fabricar fertilizantes.

REDUCIÓN DE CUSTOS

A combinación das novas tecnoloxías busca reducir os custos enerxéticos e de xestión de lodos, así como recuperar produtos e mellorar o impacto ambiental na actividade da depuración de auga, entre outros. Así, estímase que se poderán tratar 150 metros cúbicos por día de caudal de auga e reducir en máis do 90% o contido de materia orgánica.

O proxecto tamén contempla a eliminación por encima do 80% de nitróxeno e fósforo e unha diminución do gasto enerxético. Así mesmo, poderanse diminuír os custos relacionados co transporte e a enerxía para o tratamento dos lodos, ademais de reducirse as emisións de gases de efecto invernadoiro en torno ao 70% ou 80% mediante a combinación de tecnoloxías que expón a iniciativa.

Modelo en 3D da planta que se instalará en Talavera de la Reina (Toledo). SANTIAGO GÓMEZ CUERVO
Modelo en 3D da planta que se instalará en Talavera de la Reina (Toledo). SANTIAGO GÓMEZ CUERVO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta