Gómez-Reino a Feijóo: "pode asegurar que non vai ser imputado polos contratos de Pemex?"

O candidato de Galicia en Común defende que as intervencións do líder 'popular' na industria rematan "ou nos xulgados ou con xente en prisión".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2020 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

O candidato de Galicia En Común-Anova Mareas á Presidencia da Xunta, Antón Gómez-Reino, instou ao mandatario autonómico e aspirante á reelección, Alberto Núñez Feijóo, a "asegurar que non vai ser imputado nas próximas semanas ou meses" polos contratos da petroleira mexicana Pemex en Galicia. 

O candidato á Xunta de Galicia en Común, Anton Gómez Reino, nun acto na Pobra. GALICIA EN COMÚN
O candidato á Xunta de Galicia en Común, Anton Gómez Reino, nun acto na Pobra. GALICIA EN COMÚN | Fonte: Europa Press

As declaracións de Gómez-Reino chegan pouco despois da noticia de que o exdirectivo de Pemex Ignacio Lozoya aceptara ser extraditado a México. "Pode asegurar que non vai estar imputado en poucas semanas ou meses?", sentenciou Gómez-Reino, que lembrou que Núñez Feijóo "sacaba fotos e dábase a man" cun directivo ao que o Goberno mexicano acusa de lavado de diñeiro, suborno e fraude e que foi un dos impulsores da entrada de Pemex no estaleiro vigués Barreiras.

"Levamos tempo dicindo que o señor Feijoo e o PP tiveron unha absoluta inacción no ámbito industrial no país pero é que, ademais, cando fixeron algo, ou terminou nos xulgados ou con xente imputada ou en prisión, como é o caso de Pemex", incidiu o candidato da alianza de esquerdas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta