Os parques de bombeiros do Consorcio Provincial de Ourense inician os trámites para pasar a xestión pública

O cambio de xestión foi unha medida reclamada polos propios traballadores dos servizos de bombeiros e nas catro provincias se iniciaron procesos neste sentido.

Por E.P. | OURENSE | 02/07/2020 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

Os parques de bombeiros que dependen do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Ourense comezaron os trámites para que a xestión pase a ser pública, informaron este xoves o presidente da entidade, Pablo Pérez, e o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva.

Nunha rolda de prensa, Pérez explicou que o pleno do Consorcio aprobou comezar o proceso para este cambio de xestión e que o primeiro paso será a constitución dunha comisión de estudo para realizar a memoria xustificativa, na que estarán representados o propio Consorcio e a Xunta.

A decisión é "unha mostra máis do cumprimento dos compromisos da Deputación e a Xunta non só cos bombeiros, senón cos servizos de emerxencias da provincia", afirmou.

O compromiso de pasar a xestión a mans públicas naceu no anterior mandato, agregou o presidente do Consorcio, que explicou que o proceso arrincou coas conversacións no Consello Galego de Relacións Laborais, nas que estiveron presentes representantes das catro deputacións galegas e dos bombeiros. Entón asinouse un protocolo, lembrou.

O cambio de xestión foi unha medida reclamada polos propios traballadores dos servizos de bombeiros e nas catro provincias se iniciaron procesos neste sentido. Villanueva indicou que é "un paso que se deu en toda a comunidade" e que empezou por Lugo e A Coruña e está en marcha en Pontevedra e Ourense.

Este paso dunha xestión indirecta a unha directa é "unha aposta pola prestación homoxénea en todo o territorio", resaltou Villanueva, que afirmou que se manifesta tamén coa posta en marcha dos grupos de emerxencias supramunicipais (GES).

Hai uns anos, agregou, só había sete servizos profesionais de atención a emerxencias, que eran os parques das cidades, e na actualizade son máis e 50, co obxectivo de dar unha prestación "igual para todos os cidadáns, independentemente do seu lugar de residencia".

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: Consorcio Provincial de Bombeiros de Ourense

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta