Feijóo di que os familiares da embarazada morta por Covid xa teñen "a súa disposición" os informes clínicos

A familia mandoulle unha carta ao presidente galego denunciando que levan case tres meses agardando por eles e que só recibían excusas por parte de persoal do Sergas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2020 | Actualizada ás 18:02

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que os informes clínicos da muller de 37 anos embarazada, veciña de Carballo, falecida a finais de marzo no Hospital Materno-Infantil da Coruña, xunto ao seu bebé, tras practicárselle unha cesárea de emerxencia, están "a disposición" da súa familia.

Así se pronunciou despois de transcender esta semana que familiares da muller remitiron un burofax dirixido a el para reclamar a historia clínica co fin de saber que sucedeu e "pasar páxina".

Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus
Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus | Fonte: EFE

"Creo que houbo dúas peticións por dúas vías diferentes de distintos familiares. Desde finais de xuño están a disposición estes informes que pediron os dous familiares que se puxeron en contacto co centro. É a información que me pasou o Servizo Galego de Saúde", dixo tras preguntarlle Galicia Confidencial se podía explicar porque a familia aínda non puido acceder a esa información tres meses despois da morte da rapaza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta