Tres mortos en accidentes de tractor en quince días

No últimos vinte días houbo cinco accidentes de tractor en Galicia, o último en Santa Comba, este luns.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2020 | Actualizada ás 10:09

Comparte esta noticia

Un veciño de Santa Comba faleceu despois de envorcar o tractor que manexaba na tarde do luns na localidade de Pombal, no municipio coruñés de Santa Comba. É quinto accidente e o terceiro morto por estas características en menos de quince días. O último tivo lugar en Ourense o pasado 25 de xuño.

Segundo informou o 112 Galicia, debido á posición na que se atopaba o vehículo foi necesaria a intervención de equipos de emerxencia para rescatar o corpo do home, que quedou atrapado debaixo da estrutura do tractor.

O 112 Galicia tivo constancia do incidente ás 21,00 horas da pasada noite tras recibir a chamada de alerta dos axentes da Policía Local. Segundo a información facilitada aos xestores do 112, un home sufrira un accidente co seu tractor e caera por un terraplén na parroquia de Ser, nunha área de monte próxima á estrada.

Unha vez no lugar do accidente, os equipos de emerxencia fixeron uso do material de excarceración para liberar á vítima. O persoal sanitario unicamente puido confirmar o seu falecemento.

Accidente cun tractor
Accidente cun tractor | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta