Bugallo anima a ir votar e asegura que "todo estará perfectamente preparado" nos colexios electorais

O alcalde de Santiago sinala que non hai que renunciar ao noso dereito de voto pola Covid-19.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2020 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, animou este venres a acudir a votar o domingo, nas eleccións ao Parlamento de Galicia, "respectando as normas". Nos colexios electorais estará "todo perfectamente preparado", asegurou.

Nunha rolda de prensa, o alcalde destacou que houbo "moitas dificultades" para que os colexios estean en condicións e que houbo "un gran esforzo colectivo que vale a pena", ao que pediu corresponder con respecto ás normas. "Non me parecería bo que renunciásemos a ese dereito e a ese compromiso que temos coa sociedade", manifestou.

Bugallo recomendou levar xa o voto de casa, se é que xa se recibiu a papeleta que se quere elixir, e insistiu en que quen vaian aos colexios electorais fagan "o posible para mellorar as condicións de seguridade".

En calquera caso, asegurou que o luns, "sexa cal fora o resultado", a corporación municipal compostelá seguirá co seu traballo "normal".

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa.. CONCELLO DE SANTIAGO
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa.. CONCELLO DE SANTIAGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta