O diario 'Galiciapress', seleccionado por Google para o programa de impulso á prensa local tras a COVID-19

O xigante tecnolóxico inxectaralle 5.000 dólares para producir máis contido propio sobre o coronavirus.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2020 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

O diario 'Galiciapress' acaba de ser escollido por Google para participar no seu programa 'Google News Initiative - Journalism Relief Fund', que ten o obxectivo de "apoiar a produción de noticias propias pensadas para as comunidades locais" tras a pandemia da COVID-19.

Segundo informa este diario fundado en 2015, o apoio do xigante tecnolóxico traducirase nunha inxección inicial de 5.000 dólares para producir máis contido propio sobre o coronavirus, para o que "as prioridades" serán "a información visual, inmediata, de proximidade e independente".

A campaña 'Journalism Emergency Relief Fund', impulsada por Google esta primavera, recibiu unhas 12.000 candidaturas de 140 países. En Europa valorou 4.700 candidaturas, das cales seleccionou 1.500.

Ademais, este diario, que forma parte de Pressdigital Group, subliña que a súa aposta "polas noticias propias sobre o coronavirus foi recompensada tamén por un gran aumento da audiencia". Así, segundo datos da Oficina para a Xustificación da Difusión (OJD) aos que fai referencia, 'Galiciapress' serve máis de 2 millóns de páxinas a case un millón de usuarios únicos cada mes.

Teclado dun ordenador
Teclado dun ordenador

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta