Abrente ou Nós-UP, o dilema da UPG

A forza de Aymerich presenta unha emenda ás teses promovidas pola UPG e rexeita en principio intergrarse nunha lista común.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 16/02/2013 | Actualizada ás 21:36

Comparte esta noticia

Abrente, o grupo máis próximo á socialdemocracia dos que quedan no Bloque, presentará unha emenda ás teses que defende a UPG, o partido comunista máis numeroso na frente. Na próxima Asemblea Nacional do 16 de marzo, que decidirá unha posíbel refundación do BNG, Abrente tampouco se integrará, en principio, nas listas que promove a UPG.

Público no acto de Abrente
Público no acto de Abrente

O voceiro de Abrente Carlos Aymerich confirmou a presentación da emenda no Consello Nacional do Bloque organizado en Compostela. Iso si, Aymerich admitiu que aínda hai posibilidade de pacto, pois queda pendente outro Consello Nacional para votar os textos remitidos hoxe.

Abrente é a forza que acolle aos militantes de Máis Galiza que non marcharon do BNG tras a última Asemblea Nacional. Nesa Asemblea a UPG gañou democraticamente todas as votacións, polo que en principio o partido de Nestor Rego e Francisco Jorquera non debería ter problema para vencer tamén na próxima Asemblea sen o apoio de Abrente. Con todo, hoxe quedou claro que Abrente non está pola integración automática asumindo os postulados dunha práctica máis ortodoxamente comunista e soberanista que propugna a UPG.

Neste xiro, a UPG está a considerar a posibilidade de tentar integrar nunha única forza aos colectivos independentistas que nas últimas décadas se afastaron do Bloque polo súa suposta deriva cada un discurso menos independentista. O portal independentista Galiza Livre confirmou a existencia de conversas tanto con Causa Galiza como con Nós UP. De feito, o Bloque promove unha plataforma pola autodeterminación na que pretende integrar aos independentistas, unha iniciativa inédita no BNG dos últimos anos.

Guillerme Vázquez, admitiu hoxe entre liñas que hai contactos, pero "oficialmente" non. "Outra cousa é que neste país todo o mundo fala con todo o mundo, pero dende o punto de vista de establecemento de conversacións formais, non" declarou en rolda de prensa quen permanece como voceiro até a Asemblea. 

Néstor Rego, actual líder da UPG
Néstor Rego, actual líder da UPG | Fonte: Terra e tempo

De entrada semella que a importante distancia ideolóxica entre a socialdemocracia de Abrente e o soberanismo marxista de forzas como Nós-UP poidan convivir sen roces dentro dunha mesma organización. 

Abrente aposta por un BNG que supere o modelo frontista superando a doble militancia, onde os militantes son membros tanto do Bloque como das súas correntes. Tamén argumenta que, para transformar a sociedade galega, é imprescindíbel tentar acadar máis poder político nas institucións. 

Debate dentro da UPG

Dende a UPG, Jorquera negouse a valorar a emenda de Abrente. O voceiro parlamentario tamén rexeitou debater sobre nomes para substituír a Vázquez, malia que en principio el é o favorito para tal labor. 

Dentro da propia UPG hai un debate intenso sobre como artellar o futuro do Bloque. Mentres unha parte da formación considera que cómpre tender pontes para tentar a medio prazo recuperar a unidade do nacionalismo atraendo aos escindidos de Compromiso por Galicia e Anova Irmandade Nacionalista; outra parte considera que a prioridade é afondar no xiro á esquerda e, de paso, atraer aos independentistas sen ter tanta presa para chegar a acordos con Anova e Compromiso.

A manifestación de NóS-UP o 25 de Xullo de 2011
A manifestación de NóS-UP o 25 de Xullo de 2011
Manifestación de Causa Galiza
Manifestación de Causa Galiza | Fonte: Galiza Contrainfo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 67 comentarios

5 Pilarín

Logo cando lhe digo aos colegas que este blog é de Anova, nom o crem... em fim... estam doentes porque eles ficarom fóra de jogo no nacionalismo co seu novo projecto PSOE2.0

1 Comunista

Está moito mellor o Sermóns, o blogue do Bloque.

4 maría lois

Quo vadis BNG?

3 Shin Chan

Canto revolucionario de cartón!

2 Xuan

Agora parece que vai. Adiante a Alianza Soberanista! Combate ideolóxico duro( sen petardos!). E abrir fiestras para osixenar: xente nova(sen prescindir nunca da xente con experiencia-dende Paco Rodríguez, Nogueira, Quintana,etc-), pedagoxía! traballo, menos poltronas nin verdades absolutas e pontes para confluír/coincidir con Anova( o de CxG ou IU creo que non sería axeitado nen aceptado por moitos dos anteriores)

1 izrj

Se os do BNG queren a independencia, moi ben. Se queren marxismo, tamén moi ben. Pero como comecen a vender o portugués como "galego culto" e demáis nazismos lusistas, o bng desaparecerá de mapa electoral, e xa nos encargaremos os galegos normais de que iso suceda.

1 Lucense

Já temos aqui o insultador profissional a verter o seu cuspe e a sua m3rda espanholeira travestida de "somos gallegos do pueblo e hay que escribir como fala o pueblo pola calle". E todo em ortografia colonial e botando os esputos de costume. Quanto troll frustrado e quanta coprorreia incurável!!!

2 Galicia independente

Eu tampouco son lusista, pero penso que, anque nunca o vexamos, é o momento de avanzar cara a propostas independentistas. Por tanto, Abrente debe confluir en CxG, mentres que Causa Galiza, Nós-UP e os partidos independentistas de Anova deben confluir no BNG ou nesta posible nova formación de esquerda soberanista. A min resúltame imposible ser nacionalista, sen ser independentista. Se non fose independentista, desde logo que deixaría de ser nacionalista, pois sentiríame español.

3 Noka

Cada cousa no seu sitio, neniños. Unha cousa é a independencia e outra facer do noso idioma un dialecto do portugués, algo que co españolismo tamén está de acordo. De todas as maneiras cando o "bloco laranja" convoque unha manifestación en defesa do "portugués da Galiza" e vaian miles de persoas, o lusismo será algo máis que a enésima versión radical do culturalismo. Ou cando o BNG se presente en luso ás eleccións, vaia exitazo! :)

4 guaka-maio

o que ía por eu aquí ja o puxo moito melhor o Lucense. Cando se vive co espanhol como lingua de referencia o galego-portugués faise raro. Qué ben están sabendo que o PP lhes fai o travalho de destruir a lingua, así poden ir coa boca cheia falando do galego da minha 'buela'. Inmersión linguística en galego para esta gente ja.

5 GFG

Eu nom quero ser normal no país dos anãos.

6 mmmlo

pois eu estou en compromiso e procedo de e.n. que foi om primeiro partido que nos seos estatutos se declaraba independencista, e ainda agora debe ser uneco, militando no bng mais de 30 anos e nunca a upg se declarou pola independencia espero que hoxe se respecte a todos os solicialdemocratas e os comunistas mais tamen os de dereitas poden ser independentistas , tarde pio o bng xa non ten credibilidade

7 Comunista

Desculpe, pero o primeiro partido que se declarou independentista -sen termos en conta aos anteriores á Guerra Civil- foi o Partido Galego do Proletariado. http://gl.wikipedia.org/wiki/Partid... E antes que EN aínda se declararon coma tal Galicia Ceibe, o PCLN, a FPG ou a APU.

8 mmmlo

pois eu estou en compromiso e procedo de e.n. que foi om primeiro partido que nos seos estatutos se declaraba independencista, e ainda agora debe ser uneco, militando no bng mais de 30 anos e nunca a upg se declarou pola independencia espero que hoxe se respecte a todos os solicialdemocratas e os comunistas mais tamen os de dereitas poden ser independentistas , tarde pio o bng xa non ten credibilidade