Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/07/2020 | Actualizada ás 10:14
Salvamento Marítimo prevé intensificar este mércores a procura de dous mozos desaparecidos tras envorcar o seu kaiak o pasado luns 6 de xullo pola tarde na zona de Porto do Son tras unha nova xornada na que aproveitará exercicios de adestramento para rastrexas algunhas áreas.
Así o informaron a Europa Press fontes de Salvamento Marítimo, que explicaron que prosegue a emisión de avisos aos navegantes da zona para que alerten se realizan algún avistamento.
Mentres, este mércores e xoves, se as condicións meteorolóxicas o permiten, Salvamento Marítimo ten previsto intensificar a procura cando se cumprirán dez días desde o sinistro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.