Feijóo, valedor de Inditex: "O Goberno ten que agradecerlle a Amancio Ortega as doazóns sanitarias"

O presidente galego di que se non fora por el a situación de España sería "lamentable".

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 14/07/2020 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez-Feijóo, criticou este martes ao Goberno por non agradecer "de maneira clara e contundente" a Inditex a doazón de "toneladas" de material sanitario durante a pandemia de coronavirus.

Nunha entrevista na Cadea COPE, recollida por Europa Press, o presidente galego asegurou que, de non ser pola empresa que dirixe Amancio Ortega, España "probablemente estaría nunhas condicións" moito máis "lamentables".

Por iso, recoñeceu sentirse "sorprendido" por non escoitar a ningún membro do Executivo "agradecer a un señor que puxo os seus cargueiros a disposición para que entrasen toneladas de material cando España non era capaz de traelas".

"Cada un ten as súas formulacións na vida", apuntou Feijóo, que recoñeceu agradecer "a título persoal a Ortega a axuda, porque en Galicia non tiveron que "decidir nunca a quen" se puña "ou non un respirador ou unha cama de UCI".

"Nunha semana triplicamos camas e respiradores. E unha das claves foi Inditex", asegurou, para despois lamentar que, en España, cando un "doa algo" se converta nunha "persoa sospeitosa". O presidente de Galicia expresouse así en referencia ás críticas de Podemos a Amancio Ortega.

O titular do Goberno galego preside a firma dun convenio coa Fundación Amancio Ortega. XUNTA DE GALICIA
O titular do Goberno galego preside a firma dun convenio coa Fundación Amancio Ortega. XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta