Alerta amarela por vento na Costa da Morte e por altas temperaturas no sur de Pontevedra

As temperaturas serán superiores aos 34 grados na área litoral de Pontevedra e Baixo Miño e na Costa da Morte o vento do nordés será de forza sete.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2020 | Actualizada ás 10:57

Comparte esta noticia

Segundo informa Meteogalicia, organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, as altas presións traerán de novo a Galicia aire cálido procedente do sur da Península Ibérica, polo que se rexistrarán de novo temperaturas elevadas no sur da comunidade.

Alerta amarela por calor e vento en Galicia este xoves.. METEOGALICIA
Alerta amarela por calor e vento en Galicia este xoves.. METEOGALICIA | Fonte: Europa Press

Antes, este mércores, 15 de xullo, está activada a alerta amarela por vento do nordés no mar, de forza sete, na zona da Costa da Morte, que soprará a partir das 12:00 horas e repetirase durante a tarde do xoves.

Tamén o xoves estará activa a alerta amarela por temperaturas superiores aos 34 graos na área litoral de Pontevedra e na zona de Baixo Miño, na mesma provincia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta