Sigamos avanzando

Precisamos, máis que nunca, facer un esforzo engadido por erradicar o paulatino e inexorable desapego da política e dos políticos no que parecen terse sumido os cidadáns. Unha tendencia que, entre outros factores, foise afianzando nos últimos tempos pola crise económica pero tamén, e sobre todo, polos casos de corrupción detectados.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 20/02/2013

Comparte esta noticia

Non cabe dúbida de que practicar co exemplo é o mellor método e o máis eficaz para trocar esa imaxe deteriorada. E nese cometido, ineludiblemente, a responsabilidade recae directa e exclusivamente nos políticos, que, dito sexa de paso, non somos todos iguais.

En calquera caso, nese proceso de necesaria aproximación mutua, político-cidadán e cidadán-político, xoga un papel transcendente o propio partido político e os cauces de participación que, como tal organización, ten establecidos. Cauces de participación dos que lóxicamente poden e fan uso os militantes pero que tamén están abertos a todas aquelas persoas que teñan inquietude por dar a coñecer as súas propostas ou simplemente confrontar puntos de vista.

O momento que vivimos convida ó debate e á búsqueda de novas fórmulas que nos permitan afrontar con éxito unha saída á situación socioeconómica na que estamos, e mesmo é unha oportunidade idónea para afondar nun proceso de rexeneración e fortalecemento do propio sistema democrático. Propoñer, opinar, discrepar e consensuar. Ese é o obxectivo. E a ferramenta para conquerilo é a participación.

Trátase de aglutinar, de facer virtude da suma. A comenzos do vindeiro mes, no PP de Lugo celebramos o congreso provincial. Sigamos avanzando é o lema que eleximos para a ocasión en concordancia cos argumentos que veño de expoñer. Non podemos permitirnos o luxo de quedarnos agarrotados pola adversidade nin deixarnos embargar polo inmobilismo ó que poidan abocarnos as pedras que nos fomos atopando polo camiño.

Agora, con máis énfase se cabe, temos que articular todos os mecanismos que nos fagan merecedores da confianza depositada en nós polos lucenses e devolver, con medras, ese apoio. Os éxitos electorais acadados nos últimos anos polos populares de Lugo non foron casuais. Son froito do traballo, constante, serio, comprometido e honesto, desenvolto por todos e cada un dos que conformamos esta organización política. Son resultado tamén da unidade, do esforzo conxunto e da ruta consensuada e compartida por todos. Ese gran equipo, compacto e disciplinado, apegado á rúa, terá agora continuidade coa elección dunha nova executiva na que, como é procedente, haberá a pertinente dosis de renovación. Unha renovación cuxa finalidade primordial será asegurar a permanencia no tempo deste proxecto político.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Manuel Barreiro Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog