Nace a Plataforma Antifascista Galega para facer fronte á escalada da ultradereita na sociedade

Esta plataforma agrupa colectivos de diversa procedencia política e social coa intención de defender os dereitos e liberdades das persoas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/07/2020 | Actualizada ás 16:25

Comparte esta noticia

A Plataforma Antifascista Galega (PAG) presentouse este sábado 18 de xullo, aniversario do golpe de estado de 1936, para chamar a atención sobre o avance da ultradereita nos últimos anos, nomeadamente grupos políticos como Vox. Para iso reuníronse unha serie de grupos cun denominador común, a súa postura antifascista para emitir un comunicado onde debullan os puntos do ideario desta plataforma.

Plataforma Antifascista Galega
Plataforma Antifascista Galega

“Consideramos que é necesario tecer unha rede unida para frear a ameaza do fascismo e que non se debe mirar para outro lado”, di Pablo Vila, membro da plataforma. A PAG considera fundamental o antifascismo como imprescindible para unha sociedade democrática. Isto leva á defensa das liberdades e dos dereitos das persoas contra toda acción negativa “da burguesía e da oligarquía”.

O consenso entre as forzas que compoñen a PAG conseguiuse mediante un primeiro acordo para redactar o manifesto de presentación. A partir de aí existe un eixo central que é “o fascismo non fai distincións”.

As redes sociais e as plataformas multimedia son polo de agora as ferramentas que emprega a PAG para difundir a súa mensaxe. “Todo isto é debido á situación creada pola COVID-19, máis adiante realizaremos accións de axitación e propaganda e charlas”.

A análise desta plataforma sobre a ultradereita en Galicia é que, se nas eleccións do pasado 12X, VOX non tivera escano, foi porque entenden que “hai un sentimento galeguista dentro da sociedade” e que mesmo “o PP apleou a ese sentimento” para evitar a perda de votos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta