Morre unha persoa ao saír da vía e envorcar o coche en que viaxaba en Sanxenxo

Tamén avisaron ao persoal do servizo de mantemento da estrada para garantir a circulación con seguridade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2020 | Actualizada ás 10:50

Comparte esta noticia

Unha persoa morreu este domingo tras saírse da vía e envorcar o coche no que viaxaba en Sanxenxo, informaron fontes do 112 Galicia.

O suceso ocorreu ao redor das 2,30 horas na estrada PO-308, ao seu paso por Portonovo, na parroquia de Adina. Un particular chamou ao 112 para avisar de que un vehículo estaba envorcado na cuneta e había unha persoa inconsciente atrapada no interior. Os servizos de emerxencia tiveron que liberar á vítima.

O 112 informou ao 061, que mobilizou unha ambulancia medicalizada, e á Garda Civil de Tráfico, os bombeiros de Ribadumia e Emerxencias de Sanxenxo. Tamén avisaron ao persoal do servizo de mantemento da estrada para garantir a circulación con seguridade.

Garda Civil de Tráfico
Garda Civil de Tráfico | Fonte: © Miguel Núñez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta