Os rexistradores da propiedade colaborarán a tramitar axudas ao aluguer para afectados pola COVID

O prazo para solicitar estas axudas está aberto ata o 30 de setembro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2020 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Ambiente e o Colexio de rexistradores da Propiedade colaborarán para axilizar a tramitación das axudas ao aluguer para persoas afectadas pola crise económica da COVID-19, dotadas con case 8 millóns de euros.

A conselleira de Medio Ambiente en funcións, Ángeles Vázquez, e o decano do Colexio de Rexistradores da Propiedade, Hermes Rego, asinaron este luns un convenio de colaboración para optimizar a xestión e tramitación administrativa destas axudas.

Tal e como explicou a conselleira, para acceder a estas axudas, os solicitantes non teñen que ser propietarios ou usufructuarios da vivenda; polo que o Colexio de Rexistradores -a través do Servizo de Índices- emitirá unha nota de localización, que é a acreditación do cumprimento deste requisito.

Esta entidade servirá de canle de acceso á información rexistral, axilizando o procedemento de obtención da mesma por parte do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), accedendo a información telemática e, en consecuencia, aforrando tempo e o pago das taxas correspondentes para a obtención dunha nota simple.

Ángeles Vázquez lembrou que o prazo para solicitar estas axudas está aberto ata o 30 de setembro, polo que todas as persoas que visen os seus ingresos reducidos como consecuencia da COVID-19 poden solicitalas. As axudas concédense por un prazo máximo de seis meses e un importe máximo de 500 euros ao mes, polo que poden chegar os 3.000 euros e teñen carácter retroactivo, polo que poden aplicarse desde o mes de abril de 2020.

Edificio de vivendas en construción. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo
Edificio de vivendas en construción. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta