Indignación nas redes contra o anuncio dunha multinacional que imita o acento galego

A compañía danesa Too Good to God lanza unha campaña a nivel estatal na que o marcado acento galego dun dos anuncios vén de desatar as críticas de Twitter.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2020 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

Algúns usuarios das redes sociais veñen de estalar contra o que, consideran os usuarios, é unha nova aldraxe contra a lingua galega. Unha vez máis, a plataforma escollida para dar a coñecer a protesta é Twitter, e neste caso o obxectivo da denuncia é a multinacional de orixe danés Too Good to Go. A compañía decidiu estrearse na publicidade televisiva cun spot que fai uso do acento galego nun xeito que despertou a "indignación" dos tuiteiros. "E esta fatada?" pregúntalle directamente á multinacional o autor deste tuit.

Captura de pantalla do anuncio de Too Good to Go criticado polo emprego do acento galego
Captura de pantalla do anuncio de Too Good to Go criticado polo emprego do acento galego | Fonte: Toogoodtogo

A empresa tecnolóxica, que leva operando en Galicia dende abril de 2019, dedícase a poñer en contacto a restaurantes e establecementos con comida que non foi vendida ao longo da xornada con posibles compradores para evitar que esta se convirta en refugallo. Para esta primeira serie de spots -emitidos en cadeas de ámbito estatal- escolleron empregar a figura dun pan galego e unha paella valenciada que falan cun marcado acento de cada unha das zonas.

"Que carallo le pasa a la gente?" pregúntase o pan galego do anuncio, chamado Paco. A voz en off do pan logo desaparece deixando lugar a outra -xa sen acento galego- que incide nas condicións da plataforma para os negocios. As reaccións do resto de usuarios non tardaron en aparecer.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sentidiñ0

A mín non me molesta, nin me estraña, porque para os españois somos estranxeiros. Os franceses non se queixan polas ceas "de picoteo" do queixo "prÉsident" (pronunciado así).