Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2025 | Actualizada ás 16:13
O Consello da Cultura Galega publicou este mércores catro gravacións sonoras, de entre finais do s.XIX e inicios do XX, de temática galega . Segundo detallou o CCG, os documentos foron localizados e identificados polo especialista Carlos Martínez Ballester. Así, a 'Alborada do Gaiteiro de Valdeorras', gravada entre 1897 e 1900, sería, ata o momento, a gravación máis antiga de tema galego conservada e tamén o primeiro rexistro sonoro dun gaiteiro do país.
Outra das pezas, a Muiñeira de Branca da Carmen, rexistrada sobre 1900, sería a primeira gravación coñecida dunha canción en galego cantada por unha muller. Estes documentos que, segundo Carlos Martín, poden anticipar a localización de novos testemuños de paleografía sonora vinculada a Galicia, están a disposición na web do CCG.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.