Buscan aos atracadores que entraron con disparos nun club de alterne en Celanova

Levaban unha pistola e unha escopeta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2020 | Actualizada ás 18:03

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Ourense busca aos presuntos autores dun atraco a man armada nun club de alterne de Celanova no que se rexistraron disparos.

Segundo fontes da Benemérita, o atraco tivo lugar ás 23,30 horas do luns nun club de alterne do municipio ourensán, do que os atracadores fuxiron cun botín de 500 euros.

No momento do asalto, os supostos autores do roubo levaban unha pistola e unha escopeta. A Policía Xudicial realizou unha inspección no lugar dos feitos para analizar os impactos dos proxectís e así tratar de dar co paradoiro dos asaltantes.

Contrl da Garda Civil
Contrl da Garda Civil | Fonte: GARDA CIVIL DE TRÁFICO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta