Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/07/2020 | Actualizada ás 18:06
Tres incendios forestais atópanse activos esta tarde de martes en Porto do Son (A Coruña) e nos concellos ourensáns de Padrenda e A Gudiña. Non hai estimación de superficie afectada en ningún polo momento.
Segundo informa a Consellería de Medio Rural, o lume de Padrenda, na parroquia de Crespos, conta con tres focos e iniciouse ás 15,20 horas. Traballan catro helicópteros, dous avións, tres motobombas, nove brigadas e un axente.
Pola súa banda, o incendio na parroquia de Nebra, en Porto do Son, iniciouse ás 16,51 horas. Tres helicópteros, dous avións, catro motobombas, unha pa, sete brigadas e dous axentes participan nas tarefas.
O terceiro lume activo iniciouse ás 17,28 horas na Gudiña, na parroquia de San Lorenzo de Pentes. Colaboran un helicóptero, dúas motobombas, catro brigadas e dous axentes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.