Por Galicia Confidencial | Santiago | 24/02/2013 | Actualizada ás 23:50
A Xunta de Galicia vén de autorizar a seis empresas a explotación en Galicia de apostas deportivas en modo presencial. Tratase das empresas Codere; Gestión de Apuestas Gallegas (marca comercial: Reta); Egasa Hattrick (marca comercial:Luckia); Sportium Apuestas de Galicia (marca comercial: Sportium); Solwin (marca comercial :Bwin) e Apuestas de Galicia (marca comercial:Kiroljokoa).
Concluído o proceso para a homologación dos sistemas e o de verificación do cumprimento dos requisitos esixidos polo Regulamento de Apostas de Galicia, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia ditou resolución de autorización de comercialización e explotación de apostas ás ditas empresas.
En virtude desta resolución, estas seis operadoras poderán explotar máquinas auxiliares de apostas en establecementos de hostalería -unha por local e un máximo de 333 por empresa- para cuxa instalación deberán previamente solicitar autorización de instalación e localización ante as correspondentes xefaturas territoriais.
Así mesmo, previa autorización, poderán tamén abrir tendas de apostas ou espazos de apostas en salóns de xogo, bingos, casinos ou recintos feirais. O número máximo de máquinas auxiliares que se poden instalar será de 12 para as tendas de apostas; 5 no caso dos salóns de xogo, bingos e casinos; e unha por cada 500 prazas de capacidade en recintos deportivos e feirais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.