Santiago anula o lanzamento dos fogos artificiais do Apóstolo desde dous puntos por risco de incendio

Serán finalmente seis lugares de lanzamento dos oito previstos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 24/07/2020 | Actualizada ás 16:56

Comparte esta noticia

Os fogos do Apóstolo, que este ano se lanzan por primeira vez de forma simultánea desde varios puntos da cidade en lugar de desde a Praza do Obradoiro, contarán, finalmente, con seis lugares de lanzamento do oito previstos, dado o risco de incendio.

Fogos do Apóstolo
Fogos do Apóstolo | Fonte: Concello de Santiago.

Segundo comunicou o Concello, as "condicións de risco extremo de incendio" forestal este venres obrigaron a suspender os lanzamentos previstos desde o Monte de Deus (Vite) e a Granxa do Xesto, nas saias do monte Pedroso.

Así, os lumes lanzaranse finalmente desde Santa Susana (Alameda), Parque de Carlomagno (Fontiñas), Cidade da Cultura, Parque da Almáciga, Parque de Eugenio Granell e parque de Luís Pasín (Conxo).

Nestas áreas, quedará establecida unha zona de protección de 120 metros ao redor de cada punto de lanzamento, polo que, nos ámbitos que queden dentro deste perímetro, non se poderá estacionar xa ao longo deste venres.

Este perímetro estará debidamente sinalizado mediante valos e cintas, e o Concello remarca que a prohibición de estacionamento adquire especial importancia na bolsa de estacionamento da Almáciga.

Tamén se informará aos veciños e locais próximos da prohibición de entrar nas respectivas áreas de protección e de saír e entrar das súas vivendas entre as 23,00 e as 24,00 horas deste venres 24.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta