Denuncian"clara intencionalidade" nos incendios na zona de Monterrei

A Policía Autonómica vixía a "91 persoas" como incendiarios recorrentes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2020 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

O conselleiro de Medio Rural, José González, apuntou que hai unha intencionalidade "clara" nos incendios na zona de Monterrei (Ourense), onde un lume calcina 720 hectáreas. A preguntas dos medios este luns, o conselleiro explicou que o lume de Monterrei, na parroquia de Flariz, atópase estabilizado --aínda sen controlar-- e conta con "moitos medios".

Así, sinala que os incendiarios están detrás de lumes en "semanas como esta de calor". Explica que a semana pasada mentres ardían Verín e Vilardevós había "algún desalmado" que "estaba a tentar plantar (lume)" en Infesta e en Flariz, en Monterrei. Ademais, "varios focos" afectaron a Viana do Bolo.

Por iso, José González asegura que os responsables dos lumes "saben perfectamente onde se colocan" en situacións con vento e condicións meteorolóxicas adversas, de forman que "intencionadamente" inician incendios que "poñen en perigo aos bens e persoas".

A este respecto, o conselleiro de Medio Rural sinala que a Policía Autonómica vixía a "91 persoas" como incendiarios recorrentes. Ademais, chama á cidadanía a que informe de calquera dato, pois "pode ser bo para a investigación". O conselleiro lembra que hai un teléfono habilitado para denuncias anónimas (900 815 085).

Incendio en Monterrei
Incendio en Monterrei | Fonte: Batallón T-15 (@Batallont15).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta