Feijóo defende as medidas de control a turistas e nega que se estea a "estigmatizar" a ninguén

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu as medidas de control e seguimento aos viaxeiros que cheguen a Galicia, e que afectan a 136 países e cinco comunidades autónomas, e asegurou que se trata dun "servizo a favor, non en contra, e para que veña xente a Galicia, non para escorrentar".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/07/2020 | Actualizada ás 13:32

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu as medidas de control e seguimento aos viaxeiros que cheguen a Galicia, e que afectan a 136 países e cinco comunidades autónomas, e asegurou que se trata dun "servizo a favor, non en contra, e para que veña xente a Galicia, non para escorrentar".

A preguntas dos medios este martes, tras publicarse no Diario Oficial de Galicia  a listaxe de países e comunidades cuxo orixe de viaxeiros será motivo de comunicación ao Sergas, Feijóo explicou que este compendio se fixo con "datos obxectivos do Ministerio de Sanidade", tendo en conta o número de contagios por cen mil habitantes nos últimos 14 días.

"É bo para todos, non é ningunha estigmatización de ninguén. É pór a disposición (destes viaxeiros) os servizos sanitarios", explicou Feijóo antes de incidir en que "non se prohibe que veñan a Galicia, senón que é unha prestación nova" para estas persoas que veñen doutros territorios con risco epidemiolóxico máis alto e "para coidalos a eles e protexer a saúde pública xeral de toda a comunidade".

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.. XUNTA/ANA VARELA / Europa Press
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.. XUNTA/ANA VARELA / Europa Press

PROCEDEMENTO

Así, durante a estancia en Galicia das persoas que procedan destas orixes sinaladas, débese comunicar un domicilio para a localización destas persoas, para, de ser necesario, "poder actuar dunha forma máis rápida". En caso de sintomatoloxía, faríase "automaticamente" unha PCR e verifícase que as constantes vitais sexan normais, co fin de que, se se atopan mal, ter circunvaladas ás persoas dun posible brote e que este "non se propague".

MEDIDA BRITÁNICA

Por outra banda, Feijóo considerou unha "mala noticia para Galicia, España e a comunidade internacional" a decisión do Goberno británico de desaconsellar viaxar a España e manter a corentena para quen o fagan e defendeu que hai que establecer mecanismos que permitan a circulación das persoas que están sas, a través de "unha especie de pasaporte covid" ou medida similar.

CAMPAMENTOS

Tamén o presidente da Xunta destacou este martes que os campamentos de verán na comunidade están a desenvolverse con "plena normalidade" e entre medidas de seguridade para evitar os contagios, á vez que resaltou a súa importancia como elemento de conciliación para as familias.

Así o dixo durante unha visita ao campamento de verán do albergue xuvenil Mariña Española en Bergondo (A Coruña), na que estivo acompañado pola conselleira de Política Social, Fabiola Gacía. Este albergue aloxou nesta primeira quenda a 35 nenos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta