Educación defende o seu protoco porque recolle "un esforzo" en persoal e en loxística

A conselleira de Educación, Carmen Pomar, afirma que Educación "vai responder ás necesidades e as demandas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/07/2020 | Actualizada ás 12:17

Comparte esta noticia

A conselleira de Educación, Carmen Pomar, defendeu que o protocolo presentado polo seu departamento para o próximo curso escolar "recolle un esforzo" do Goberno galego tanto en recursos humanos como en asuntos de loxística e lamentou que os sindicatos non se sentaron a negociar o documento.

Tras unha reunión este mércores co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, sobre a xestión da limpeza nos centros no curso que arrinca en setembro, a conselleira respondeu a preguntas dos medios sobre as protestas dos docentes, que piden unha maior contratación de persoal.

Pomar afirmou que Educación "vai responder ás necesidades e as demandas, tanto en posibles desdobres de grupos como nese reforzo e apoio en aulas en persoal docente e non docente".

A conselleira Carmen Pomar nun encontro telemático. XOÁN CRESPO
A conselleira Carmen Pomar nun encontro telemático. XOÁN CRESPO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta