Cando Agustín Fernández Paz rexeitou un premio de Feijóo por "agredir á cultura que finxe reivindicar"

Varios tuiteiros rememoran o xesto do escritor coincidindo coa convocatoria deste ano por parte da Consellería de Cultura.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/07/2020 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

10 anos pasaron dende o simbólico xesto de Agustín Fernández Paz para denunciar a política lingüística de Núñez Feijóo, que por aquel entón aínda estreaba a súa primeira maioría absoluta postbipartito. O galardón en cuestión era un dos Premios da Cultura Galega, que a Xunta ofrecía para valorar a "excelencia" en múltiples campos das artes, dende á pintura ó audiovisual, pasando, evidentemente, pola literatura.

Agustín Fernández Paz
Agustín Fernández Paz | Fonte: arquivo

O afamado autor de literatura xuvenil declinou entón recibir o premio outorgado pola Xunta aludindo a que este estaba "hipotecado" pola "agresión á mesma cultura que finxe reinvidicar". O xesto do escritor, falecido en 2016 aos 69 anos, foi recuperado nos últimos días por varios usuarios de Twitter que compartiron a publicación da editorial Hugin e Munin.

O rexeitamento de Agustín Fernández Paz coincidiu coa publicación dun manifesto asinado por intelectuais e representantes do mundo da cultura galega que, baixo o título "Rosalía nunca aceptaría ese premio" convidavan ós galardonados a declinar o recoñecemento en protesta pola política lingüística de Feijóo á fronte da Xunta. Agustín Fernández Paz estaba entre os firmantes. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 urco

Como é o povo quem máis ordena o estado espanhol se vai retirar de Catalunha tal como o seu parlamento e a povoaçom em referendo dictaminarom. Nom, cala, que os fachas só atendem às eleiçons se ganham, que ainda estám no jardim de infáncia de Democracia.

2 Violeta 4

Resultados de Núñez Feijoo en las pasadas elecciones: 42 diputados sobre 75. Esa es la voluntad de los gallegos. El pueblo es quien más ordena

1 Sentidiño

Resultados electorais do partido na zi nas eleccións ao Reichstag de 1933: https://es.wikipedia.org/wiki/Elecc... Ás veces son os mi se rábeis os que ordenan...

1 Moine

Este País precisa a gente como Agustín Fernández Paz, pois sem dignidade nengumha emancipaçom é possível