Feijóo a pais e docentes: "pídolles realismo porque a educación é un dereito constitucional que hai que protexer"

O presidente galego insiste en defender o seu protocolo educativo que está sendo duramente criticado pola comunidade educativa e docente, asociacións de pais e nais e ata os concellos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/07/2020 | Actualizada ás 15:29

Comparte esta noticia

"Nós imos cumprir coa lei e por iso pídolles compromiso e realismo a todos os operadores educativos porque hai un dereito constitucional á eduación que temos que protexer". Deste xeito respondeu o presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, á comunidade educativa e docente, asociacións de pais e nais e ata os concellos que piden a retirada do protocolo educativo contra a covid para o vindeiro curso.

O titular do Goberno galego na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta
O titular do Goberno galego na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta | Fonte: David Cabezón

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo lembro que só hai problemas con este protocolo e non cos que a Xunta fixo para os campamentos de verán, residencias ou garderías. "E todos están supervisados polas máximas atoridades sanitarias da Xunta", suliñou. Por iso, insistiu en defender o protocolo educativo porque tamén está "avalado" polo seu comité de expertos e "pola lei".

Neste sentido, lembrou que este protocolo está supervisado pola asesoría xurídica da Xunta, polo comité clínico de saúde do Sergas, e está "amparado", dixo, "pola Lei xeral de Sanidade e unha lei orgánica que permiten que sexan as autoridades sanitarias as que toman medidas oportunas cando hai situacións sanitarias complexas como é este caso", indicou.

Así, repetiu en varias ocasións, que a pesar das numerosas protestas, o seu protocolo é "minucioso" e está "supervisado polas autoridades sanitrias". "Que é incómodo, que hai que facer máis esforzos e tomar máis precaucións?, si, claro, pero serán menos que os que os nenos teñan nos recreos", engadiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta