Máis de 2.800 fogares galegos con dificultades económicas acceden ao cartón para comprar bens básicos

Pódense pedir nas sedes comarcais da Cruz Vermella ou a través dos servizos sociais dos concellos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2020 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

Un total de 2.846 fogares galegos con dificultades económicas accederon no último mes ao cartón básico para a compra de alimentos, produtos de hixiene e de farmacia, dotada con entre 150 e 300 euros ao mes, posta en marcha en colaboración entre a Xunta e Cruz Vermella.

A Consellería de Política Social indicou este sábado nun comunicado que, cumprido o primeiro mes da súa implantación, a Xunta concedeu axudas para o próximos tres meses por valor de case dous millóns de euros.

De inicio, o cartón actívase por tres meses (o que supón que as axudas van de 450 a 900 euros inicialmente) e recárgase mes a mes de forma automática, explicou o Goberno galego, que detallou que a contía depende do número de membros do núcleo familiar e que, ata agora, o 40 por cento dos cartóns son para familias de tres ou máis persoas, con 300 euros mensuais.

Bolsa con alimentos doados durante a pandemia. Marta Fernández Xara - Europa Press
Bolsa con alimentos doados durante a pandemia. Marta Fernández Xara - Europa Press

Os cartóns pódense pedir nas sedes comarcais da Cruz Vermella ou a través dos servizos sociais dos concellos. O tempo medio de espera para recibila é de tres días, indicou a Xunta, que destacou que, co fin de evitar estigmas, as persoas con baixos ingresos pódense beneficiar desta axuda de forma anónima.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta