Controlado tras tres días o voraz incendio de Cualedro

Queimou, polo momento, preto de 1.600 hectáreas.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 01/08/2020 | Actualizada ás 16:51

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Rural dá por controlado ás 15,37 horas deste sábado, tras tres días, o lume iniciado no municipio ourensán de Cualedro e que queimou, segundo as estimacións provisionais, 1.535 hectáreas de terreo, o que o converte no máis grande de Galicia desde a vaga de incendios de 2017.

Os efectivos de emerxencias lograron estabilizar a última hora deste venres o incendio forestal iniciado ao mediodía do mércorequedou controlado este mediodías na parroquia de San Millao do municipio ourensán de Cualedro que, finalmente, quedou controlado este mediodía.

Este lume, no que chegou a ser necesaria a activación da Situación 2 pola súa proximidade ao núcleo de poboación de San Cristovo, en Monterrei, queimou unhas 1.535 hectáreas de terreo, 525 delas agrícolas e 1.010 forestais, segundo os datos provisionais.

Para o seu control mobilizáronse dous técnicos, 43 axentes, 106 brigadas, 45 motobombas, seis pas, 13 helicópteros e 13 avións, así como membros da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Un apicultor revisa e rega as súas colmeas xunto a unha zona queimada polo incendio de Cualedro (Ourense).. Rosa Veiga - Europa Press
Un apicultor revisa e rega as súas colmeas xunto a unha zona queimada polo incendio de Cualedro (Ourense).. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta