O circo á gorra volve ás prazas de Compostela

Arrincará a súa programación este martes 4 de agosto na Praza da Quintana.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O Colectivo de Artistas de Rúa da Asociación Circonove retomará a súa programación nas diferentes prazas de Santiago de Compostela.

Tódalas asociacións participaron, en tódolos ámbitos: teatro, danza e mesmo circo.
Tódalas asociacións participaron, en tódolos ámbitos: teatro, danza e mesmo circo.

A programación comezará este martes presentando o primerio Cabaré do Verán na Praza da Quintana as 19:30 horas. O espectáculo contará con todas as artistas do colectivo.

"Será unha ocasión na que queremos estar todas as artistas, para encontrarnos con todo o noso público, para mirarnos de novo aos ollos e para botar unhas risas detrás das mascarillas", indican as mulleres da Asociación Circonove. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta