Activo un incendio que afecta a unhas 40 hectáreas en Viana do Bolo

O de Cualedro segue controlado pero aínda non extinguido.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2020 | Actualizada ás 10:05

Comparte esta noticia

Un incendio forestal que afecta a unhas 40 hectáreas permanece activo este martes no municipio ourensán de Viana do Bolo, mentres que segue controlado o que queimou unhas 1.535 hectáreas en Cualedro.

Así o informou a Consellería do Medio Rural, que detallou que permanece activo desde as 22,43 horas deste luns un lume na parroquia de Rubiais en Viana do Bolo.

As últimas estimacións apuntadas por Medio Rural sitúan a superficie afectada nunhas 40 hectáreas. Para o seu control foron mobilizados ata o momento catro axentes, 10 brigadas, seis motobombas e unha pa.

Pola súa banda, segue controlado desde o mediodía do pasado sábado o incendio forestal rexistrado na parroquia de San Millao, no municipio de Cualedro, que queimou unhas 1.535 hectáreas, das cales 525 son agrícolas e 1.010 forestais --unhas 960 rasas e uns 50 arboredos--.

Para o control deste lume foron mobilizados dous técnicos, 54 axentes, 132 brigadas, 51 motobombas, seis pas, 13 helicópteros e 13 avisiones, ademais de efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Incendio de Cualedro (Ourense).. Rosa Veiga - Europa Press
Incendio de Cualedro (Ourense).. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta