Arden dous almacéns de herba seca en Lalín e Silleda

Por E.P. | PONTEVEDRA | 05/08/2020 | Actualizada ás 10:17

Comparte esta noticia

Dous incendios rexistrados entre este martes e este mércores queimaron senllos almacéns de herba seca nos municipios pontevedreses de Lalín e Silleda.

Segundo informou o 112, efectivos de extinción traballan para sufocar un incendio declarado nun almacén de herba seca situado na parroquia de Cangas, no municipio pontevedrés de Lalín. Segundo informan os equipos que están na zona, o lume está controlado e ninguén resultou afectado. Tampouco os animais que se gardaban no lugar, engadiron as mesmas fontes.

O 112 Galicia tivo coñecemento deste suceso ás 4,15 horas deste mércores mediante a chamada de alerta dunha persoa particular, o que permitiu pór en marcha o operativo no que participan os Bombeiros do Deza, así como o GES de Lalín e persoal do Distrito Forestal da zona.

Mentres, na tarde deste martes en Silleda outro almacén de herba seca resultou afectado por outro lume que converteu en cinza todo o contido e respectou a estrutura, destacou o 112. Este lume ocorreu na parroquia de Fiestras e mantívose activo durante horas. De feito, puntualizou o 112, os equipos de extinción finalizaron o seu traballo sobre a medianoite despois de traballar toda a tarde na zona.

Como no caso anterior, o operativo estivo formado polos Bombeiros do Deza, membros do Distrito Forestal e membros do GES de Lalín.

Alpacas de palla
Alpacas de palla

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta