Leiro rexistrou a temperatura máxima de Galicia con 39,5ºC

Para hoxe agárdanxe 38º en Lugo e 36º en Santiago.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2020 | Actualizada ás 10:04

Comparte esta noticia

O municipio ourensán de Leiro rexistrou este mércores a temperatura máxima de Galicia, con 39,5 graos centígrados. Este xoves en Galicia espérase alcanzar os 40 graos en zonas da provincia de Ourense.

Segundo os rexistros de Meteogalicia, recollidos por Europa Press, a provincia de Ourense concentrou as temperaturas máis significativas de Galicia este mércores, con 39,2ºC en Arnoia, 38,9 en Ourense e 38,2 en Castrelo de Miño.

Este xoves, na que se prevé unha xornada con temperaturas superiores aos 39 graos en numerosos puntos, Meteogalicia prevé que se alcancen os 41ºC en Ourense, os 38ºC en Lugo e 36ºC en Santiago.

De feito, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta activou para este xoves a alerta laranxa por altas temperaturas na zona sur de Lugo e na área de Miño en Ourense.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), trátase dun fenómeno meteorolóxico que se espera que comece cara ao mediodía e se prolongue ata as últimas horas da tarde. As temperaturas poderán alcanzar os 39 e os 40 graos.

Ademais, estará activo o nivel amarelo por altas temperaturas na zona interior da Coruña, centro de Lugo, sur, noroeste e Valdeorras en Ourense; e zona de Miño en Pontevedra. Neste caso, as temperaturas oscilarán entre os 35 e os 38 graos.

Avisos por calor en Galicia para o xoves 6 de agosto.. METEOGALICIA
Avisos por calor en Galicia para o xoves 6 de agosto.. METEOGALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta