As liñas vermellas

Desde que o goberno de Mariano Rajoy puxo enriba da mesa a reforma laboral en España non se deixou de falar doutra cousa que non fosen ERE´s, despidos, rebaixas salariais, precariedade laboral, etc. etc. etc.

Por Blas García | Boiro | 10/03/2013

Comparte esta noticia
Contra a reforma laboral xurdiron as voces críticas dos partidos políticos de esquerdas e dos sindicatos que unidos e da man empezaron a organizar manifestacións, folgas e a enarbolar a bandeira dos dereitos laborais e defensa dos traballadores e as traballadoras. Lembro roldas de prensa e declaracións “rimbobantes” nas que poñían de manifesto a súa oposicións á cruel reforma laboral e ao recorte de dereitos ao que nos sometía o goberno do Partido Popular. E desde fai tempo non son capaz de quitarme da cabeza unha declaración dun destacado dirixente dun partido político galego que dicía: “hai certas liñas vermellas que non se deben cruzar, que non podemos permitir que as atravesen”. E debería de ser así, porque si non son os sindicatos e os partidos de esquerdas os que defende os dereitos dos traballadores, quen o vai a facer?. Si non son os sindicatos e os partidos de esquerdas os que loitan contra a discriminación laboral e salarial, quen o vai a facer?. Si non son os sindicatos e os partidos de esquerdas os que se opoñen a que se culpabilice e castigue aos asalariados e asalariadas, quen o vai a facer?
 
Quen defende aos traballadores e ás traballadoras? Pois desgraciadamente e tal e como están acontecendo os feitos semella que os traballadores quedamos sós, e seremos nós mesmos os que teremos que loitar e pelexar polos nosos dereitos laborais, porque como se pode comprobar ultimamente os sindicatos e partidos de esquerda son máis de predicar que de dar trigo.
 
Porque só hai que abrir os xornais ou navegar polas redes para comprobar como hai sindicatos que despide aos seus traballadores e os indemniza con 20 ou 22 días por ano traballado. Podemos ver a partidos políticos ofrecen rebaixas salarias de case o 50 por cento, ou outros que realiza un ERE. Onde quedaron as liñas vermellas? Onde están os encargados de defender aos traballadores e traballadoras?
 
Cando os sindicatos e os partidos políticos de esquerdas actúan como meros empresarios, aínda que coa diferencia de non investir os seus cartos senón de xogar cos cartos recibidos maioritariamente de subvencións públicas e debido a nefastas xestións económicas que encamiñan ás súas organizacións cara a bancarrota, quenes son os encargados de pagar esa precaria situación? Pois págana os de sempre, os traballadores e traballadoras que carecen de toda culpa. Igualiño que pasa cos empresarios e empreasarias que a diario reclaman máis facilidade no despido. É ético que os representantes sindicais e políticos actúen desta maneira? Claro que non! Nin é ético nin pode consentirse porque no momento que actúan así perden toda a credibilidade e é un engano cara a cidadanía posto que mentras os traballadores e traballadoras temos que sufrir despidos ou reduccións de salario os dirixentes seguen mantendo os seus soldos e moitas das súas prebendas polos cargos que ocupan.
 
Un político, sobretodo de esquerdas –ou progresista, como se di agora-, debería de primar a defensa da clase traballadora, e sobretodo, por ética debería de lembrarse de conceptos como igualdade ou solidariedade. E remato cunha frase doutro político galego que en máis dunha ocasión ten dito: “que paguen máis os que máis teñen”, e eu engado, e os que máis cobren.
@blasgarcia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Blas García Blas García Piñeiro, nado en Cespón (Boiro) no ano 1969, aínda que agora vive en Ames. Estudiou Filoloxía Hispánica. Militante do PSdeG. Foi concelleiro en Boiro e Sº Xeral do PSdeG-PSOE de Boiro e da comarca do Barbanza. Na actualidade é Responsable de Comunicación dos Socialistas de Ames. A súa actividade profesional desenvólvese no mundo das redes sociais e a comunicación 2.0. Podes seguilo en www.blasgarcia.com