Cando cuspes ao ceo

No meu pobo dise moito eso de non se poden botar soberbias, porque cando escupes ao ceo poder caerche enriba, e está claro que Feijóo pecou e peca aínda de soberbio.

Por Blas García | Boiro | 02/04/2013

Comparte esta noticia
Cuspíu ao ceo cando no verán do 2006 se producíu aquela plaga de incendios forestais e el botou e botou e botou pola súa boca e non canso de criticar día si e día tamén ao goberno de Touriño -o da responsabilidade institucional nunca o tivo moi claro, a non ser que sexa para el- foi a fotografiarse a un incendio, calzado con zapatito “castellano” de “chúpame la punta” e vestido con camisa de Ralph Lauren e pantalón de tergal. Esa foto que tanta repercusión mediática tivo volviuse en bumeran contra o presidente anos despois cando Galicia volvíu a sufrir outra plaga de incendios e daquela el era o que estaba ao fronte do goberno. Seguro que Feijóo se ten arrepentido daquela acción de bombeiro con mangueira de Leroy Merlin, pero as hemerotecas é o que teñen.
 
Pouco despois atacou, durante a campaña electoral do 2009 aquel axente 009 nado do marketing electoral, colleu os seus altofalantes privados –o ABC e o grupo mediático de Intereconomía- para empezar a soltar bilis sobre os supostos derroches de Touriño, que se a vivenda de Monte Pío (construída por Manuel Fraga) ou o gasto realizado para a compra do coche presidencial e aquela campaña indirecta de desprestixio contra a Audi. Todo aquel paripé con luz e taquígrafos desenvolvido por Feij009 rematou coa súa chegada a presidencia e o intento de venda do buque insignia da súa campaña: o Audi do presidente da Xunta de Galicia e o cambio por un Citroen C6. Pero como o tempo acaba poñendo sempre a cada un no seu sitio, e a Núñez Feijóo pouco a pouco vaino poñendo sempre, resulta que despois se supo que a maioría dos Audis mercados pola Xunta foron cando el era o vicepresidente de Fraga, e que ademais el, estando na oposición viaxara nun C6 que lle regalara a Citroen. Di o refrán que se colle antes a un mentireiro ca un coxo, e no caso de presidente Feijóo as verdades que saen pola súa boca cóntanse cos dedos dunha man e aínda sobran dedos.
 
Nesa mesma campaña do 2009 pedíulle a dimisión ao vicepresidente Quintana porque sairon unhas fotos del no iate do empresario Jacinto Rey, e o daquela candidato dicíalle a Anxo Quintana que había que ter coidado con quen se quitaban as fotos. Pero agora cando lle cae enriba todo o cuspe a Feijóo el non se aplica os consellos que daba fai uns anos e despois de aparecer publicadas as súas fotos con Marcial Dorado -recoñecido e case me atrevería a dicir que prestixiose contrabandista e narcotraficante- o seu achácao a pecadillos de xuventude e a unha campaña mediática na súa contra, e que de dimitir … tururú!!.
 
A caradura de Feijóo é de record Guiness e non chegaría todo o monte Pedroso para esculpir a súa efixie, e como escribíu non fai moito un compañeiro de Partido en Facebook, “ ten que deixar de mexar auga bendita”. Se existise a dignidade e a ética neste País, en Galicia a estas horas xa non teriamos presidente, pero como esas palabras non aparecen nos diccionarios políticos actuais teremos que seguir aguantando as chulerías de Feijóo e vendo como día tras días segue cuspíndolle ao ceo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Blas García Blas García Piñeiro, nado en Cespón (Boiro) no ano 1969, aínda que agora vive en Ames. Estudiou Filoloxía Hispánica. Militante do PSdeG. Foi concelleiro en Boiro e Sº Xeral do PSdeG-PSOE de Boiro e da comarca do Barbanza. Na actualidade é Responsable de Comunicación dos Socialistas de Ames. A súa actividade profesional desenvólvese no mundo das redes sociais e a comunicación 2.0. Podes seguilo en www.blasgarcia.com