Paula Cons: "Hai moitas mulleres esquecidas ao longo da historia"

Falamos coa directora e productora do filme "La Isla de las Mentiras", unha película galega que está tendo moi boa acollida polo público e que vai camiño de converterse nun fenómeno televisivo en China. No centro da trama tres mulleres reais que foron as grandes heroínas desta traxedia.

Por Sara Gil | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/08/2020 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

De que trata o filme? 

Nerea Barros, Victoria Teijeiro e Ana Oca encarnan a María, Josefa e Cipriana, as '3 heroínas de Sálvora' na nova película de Paula Cons, 'La Isla de Las Mentiras'.
Nerea Barros, Victoria Teijeiro e Ana Oca encarnan a María, Josefa e Cipriana, as '3 heroínas de Sálvora' na nova película de Paula Cons, 'La Isla de Las Mentiras'. | Fonte: Agallas Films

Trata o tema que está agora tan de moda, que é o das sombras de heroicidade. Tamén da fuxida da dor, de como nos aferramos aos heroes para non aferrarnos nas vítimas.  Conta un pouco o salvamento que realizaron estas tres mulleres do barco Santa Isabel, como comezaron a recibir homenaxes. Coa sombra da dúbida e da facer crer que eran ladroas levounas ao esquecemento. Tamén hai un xornalista arxentino que chega a Illa de Sálvora para investigar pezas que non encaixan no ocorrido. É un choque de dous mundos, podería dicirse incluso de tres. O xornalista, que ven dunha cidade cosmopolita como Bos Aires, os habitantes da illa e o mundo da emigración. 

 

A figura da muller na película é moi importante coas “3 heroínas de Sálvora”. Podería dicirse que o filme, a través desta historia, fai unha crítica ao patriarcado e as clases sociais? 

Si, totalmente. De feito o afundimento é unha escusa para falar doutras cousas. Eu creo que hai moitas mulleres esquecidas ao longo da historia. O que conseguiu o machismo foi que moitas mulleres que na época eran importantes, non sabían reclamarse a si mesmas. Se a estas mulleres lles ocorre o que lle pasou as heroínas de Sálvora e lles cae a sombra da dúbida, elas non van a ser quen, nin se queira se decatan de que se poden salvar a si mesmas, desta forma quedan esquecidas. Para min, esta película é cine negro. No sentido do poder fáctico, que sempre se sae coa súa. Do individuo contra o sistema e que moitas veces non ten nada que facer.   

 

A historia do naufraxio do Santa Isabel na Illa de Sálvora é algo que moi poucos galegos saben. Grazas ao teu filme moitísimas persoas máis saberán dela. Como chegaches ata esta historia? 

Grazas unha amiga e compañeira de profesión xornalista, que foi a unha pequena exposición que organizou Tino Viéitez. Tróuxome o folleto, eu non podía crer tal cousa e nun primeiro momento pensei que era falso. Parecíame inconcibible e ata me dou un envorco no estómago pensando: “pero como non podo coñecer semellante barbaridade? Non pode ser”. Paréceme incrible que estas mulleres non teñan máis presenza, nin rúas, nin prazas... Agora co do centenario do naufraxio do Santa Isabel, o Concello de Ribeira está súper concienciado co tema e creo que a situación vai a cambiar moito para elas tres. O malo é que non o van a ver de vivas.  

 

Nótase que hai moitísimo traballo de campo: a forma de falar dos personaxes, a vestimenta, o analfabetismo, incluso traballo de campo da propia illa. Como foi iso? 

Tanto Tino Viéitez como Xosé María Fernández Pazos teñen moitísimos datos, libros e exposicións co relativo ao afundimento. A min o antropolóxico apaixóname, ademais eu traballei moitísimos anos en “Desde Galicia para el Mundo” e con iso adquirín moitísima información xa que cada semana tiña que desenvolver un tema sobre un lugar diferente de Galicia. Tamén lin sobre a zona e aprendín alí escoitando á xente, preguntando, preguntando e preguntando. Fun infinidade de veces á illa, entón xa quedaba pola zona e falaba coa xente de alí.  Ademais o equipo de arte documentouse perfectamente, tamén o equipo de vestiario, etc.  

 

Como experimentou a xente da zona que se ía falar da súa historia? 

No momento valáronse moitísimo. De feito, fixemos un casting de figurantes na zona e chegaron a presentarse 550 persoas. Os rapaces que traballaban no casting nin comeron, nin cearon... non daban feito! (rise). Foi masivo ademais de marabilloso, xa que eu buscada rostros moi da zona, moi do mar, moi de verdade. Puidemos facer marabillas. No momento a colaboración foi absoluta e total. De feito, coas dornas apoiáronnos dende a Illa de Arousa,  ensináronlles a remar as actrices, partíamos todos os días dende Ribeira para ir a illa... todo moi ben.  

 

Que medios tiveches para facer o filme?  

Eu traballo na produtora Agallas Films e no tema de financiación quen levou todo foi o meu compañeiro Juan de Dios Serrano. Empezamos a desenvolver o proxecto grazas ás axudas de AGADIC, que son unha marabilla. Despois tivemos que comezar a buscar quen non axudaba fora e, a verdade é que, foi facilísimo. Encontramos o mellor socio posible en Arxentina, tamén socios fantásticos en Euskadi. A verdade é que “íanse subindo ao barco”, nunca mellor dito (rise), dunha forma bastante sinxela. Non foi un proceso precisamente longo e decatámonos de que o proxecto tiña forza, tiña “punch”, gustaba.  

 

O produto é moi bo. Como se pode facer un filme con poucos medios? 

No primeiro momento pensei “falar dun naufraxio cun presuposto axustado... estou tola". Entón, optei por dúas cousas. A primeira, que a película non fala case nada do naufraxio, senón de como lle afectou as 3 heroínas de Sálvora. A segunda, como a xente non sabe entender os procesos da dor. Optei por unha proposta bastante radical.  

 

Dende que saíu a película na plataforma dixital Filmin o 24 de xullo, está sendo un éxito. Como estás vivindo a acollida do filme? 

O de Filmin é marabilloso. Estivo de número un a primeira fin de semana na que saíu. É importante, xa que é unha plataforma cinéfila con moito prestixio e é unha marabilla. Ademais o número de espectadores é súper avultado. Fomos seleccionados e de feito participamos no Festival de Shanghai, nun festival clase A, que é unha pasada. Mais, en realidade, aos espectadores o do festival non lle importou “un pito”, senón que o que lle importou foi que lle gustara a película. Chéganme mensaxes de espectadores dicíndome que lle encantou e o porque e para min isto é unha alegría inmensa. Estou abruadísima (rise). 

 

Para rematar, como ves ao audiovisual galego nestes momentos? Sobre todo pola crise sanitaria da COVID-19. 

Aínda que o noso proxecto inicial era ir a cines e acabamos estrando a película en Filmin, imos ir igual a cines a principios de outubro. En Galicia esta película ten que verse en pantalla grande. Agora está indo todo tan ben que pensamos en ir a salas, non sei a cantas. Eu creo que o noso audiovisual chegou para non marchar, nós adoptámonos ao que faga falta, hai un nivel de profesionalidade altísimo. Vainos ir ben, porque non pode ser doutro xeito.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta