GC Aberto

Gracias ao 5% de Don Manuel

Ás veces sabe máis o demo por vello que por demo...

Por Gamela | GC ABERTO | 11/08/2020

Comparte esta noticia
Gracias ao umbral mínimo para acadar escano en Galicia os 26.000 votantes de VOX quedaron fóra do Parlamento de Galicia! Mentras con 17.000 votos sí acadaron un escano no Parlamento de Euskadi!

Manuel Fraga. EUROPA PRESS - Arquivo
Manuel Fraga. EUROPA PRESS - Arquivo

Algo deberamos reflexionar, aínda que esa mesma normativa electoral deixara fóra de xogo á chamada Galicia en Común (con 51.000 votantes aos que se lle quedou cara de parvo na mesma noite electoral!) 

¿Damos por ben feito poñer trabas á representación democrática en Galicia, ou pola contra solicitamos unha lei electoral menos restrictiva para futuras convocatorias electorais na nosa Terra ?

Se entraran no Parlamento de Galicia os grupos políticos que agora están fóra, seguro que o PP perdería a maioría absoluta nominal pero tamén podería gobernar en coalición con Vox aínda que tamén poderíamos ter un goberno formado por BNG, PSOE, GaliciaComún (?) ¿Cal destas posiblidades satisfarían unha boa gobernanza en Galicia?

Haberá que darlle ás grazas ao vello político Manuel Fraga Iribarne? Ás veces sabe máis o demo por vello que por demo... 

Curiosamente os que con maior forza alcuman a Fraga de fascista son os que mellor tallada sacaron desta normativa electoral, refírome ao BNG que con 310.000 votantes apañou nada máis e nada menos que 19 escanos no Hórreo. 

Claro que as cousas dos números sempre se poden ler de outro xeito, cicais a UPG de Néstor Rego teña en conta que os seus socios en Euskadi (EH Bildu logrou 22 escanos no Parlamento de Vitoria con 248.000 votantes!) Cómpre suliñar que o censo electoral en ambos casos non é o mesmo: mentras EH Bildu apañou o 28% dos votos en Euskadi, o BNG só chegou ao 24% na Galiza...

En calquera caso esta reflexión electoral pretende deixar claro que o límite do 5% dos votantes para acadar un escano en Galicia, nesta ocasión deixou fóra a VOX cun 2,03% dos votos, mentras que sen esa norma electoral Vox logrou un escano no País Vasco con menos do 2% dos votos (1,96%)

Os galegos podemos vivir tranquilos, alomenos durante os vindeiros 4 anos... ou deberamos eliminar a norma do 5% ?

Admítense suxerencias de futuro... "os silencios" en política son sempre perigosos !

DATOS ELECTORAIS 

  • RESULTADOS ELECTORAIS = GALICIA 2020
  • PP         41 625182 47,98%
  • BNG         19 310137 23,80%
  • PSdG 15 252537 19,38%
  • GComún 0 51223 3,93%
  • Vox         0 26485 2,03%
  • Cs         0 9719         0,75%
  • Mareas 0 2863         0,22%
  • RESULTADOS ELECTORAIS = EUSKADI 2020
  • EAJ-PNV 31 349429 39,12%
  • EHBildu 22 248688 27,84%
  • PSE         10 121869 13,64%
  • POD-IU      6 71759 8,03%
  • PP+Cs  5 60299 6,75%
  • Vox          1 17517 1,96%

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

8 GALIZA CEIBE

Creo que o tema do analises esta mal pois no pais basco vai todo por un tema de provincias ... onde cada provincia ten 25 escanos.... PERO OLLO ALAVA TEN MENOS POBOACION que as outras dos producindose unha forte alteracion do resultado electoral a distribución electoral polo territorio beneficia as dereitas as forazas conservadoras, POLO TANTO O ANALISE ESTA MAL... esta mal este analises... DE SUSPENSO! non o podremios! non deben sacar nada pois non meren nada o traizoar o pobo... deixen os sofismos

1 Gamela

Si xa está corrido máis abaixo o tema dos 25 escanos por provincia en Euskadi ! Pero se o meu análise é de "suspenso" a túa afirmación é alucinante: defendes que Vox teña escano por Álava con 4.700 votos e paréceche ben deixar fóra do Parlamento de Galicia aos que sacaron 51.200 votos (?) Está ben a túa análise !

7 Gamela

Outro punto de vista sobre o mesmo asunto: a abstención conta ou non conta? https://theconversation.com/la-cult... Tomen nota, pois o BNG na pasada lexislatura foi o único grupo que en SOLITARIO presentou unha proposición de lei para modificar a lei electoral de Galicia, e por suposto, na súa proposta rebaixaba a idade legal para votar aos 16 anos (?) Supoño que agora que son 19 volverán presentar esta iniciativa baixo o lema : Os rapaces son republicanos e queren votar o seu futuro ! A discusión está servida !

6 Tocabolas

A este Gamela a súa Análise AnbtiBNG saiu-lle pola Culata e, na súa habitrual divagación sen ter npi, sae-NOS por peteneiras falando da Invisibilidade de Ana Miranda...pois que vaia preparando a súa artiillaria de Escopeta de Feira e Pólvora Mollada para cando o BNG (o UPG como di él, que que mais dá...) saque Grupo Parlamentar nas Próximas a Cortes...a ver como nolo explica o (intelectualmente) Indixente Analista......

1 Gamela

Coídate do optimismo sen cabeza... Agora quedan 4 anos aturando ao BNG na oposición (coma sempre) e enchéndolle á xente a cabeza de "Repúblicas" que non existen... Logo de 3 anos (se aguanta o goberno Sánchez!) tí cres que alguén vai votar un Grupo Parlamentario en Madrid ? Noraboa, por ser VISIONARIO !!!

5 Sentidiño

Qué pintan XOGO, PODEMOS e UPG entre os temas do artigo?

1 Gamela

Cando se pasa de 14 a CERO alguén debera "abrir a boca" e asumir responsabilidades (no caso de Unidas-Podemos cada día está máis claro que o silencio é perigoso!) https://twitter.com/00Gamela/status... UPG pinta o que pintou sempre: xogar a que os 310.000 votantes son todos eles partidarios da República Galega (?) E sumar churras con merinas nunca foi boa cousa (Agora Repúblicas é a marca da casa en Europa! Pero os que apañan escano son EHBildu e ERC) Ana Miranda é convidada de pedra en Bruxelas !

4 Gamela

Efectivamente, non teño nin idea de como funciona o sistema electoral en Esukadi, nin falta que fai, para plantexar a pregunta sobre se é o non é conveniente manter un 5% en Galicia para vindeiras eleccións (?) https://www.lavanguardia.com/elecci... En canto aos resultado de Álava aínda resulta máis alucinante que Vox teña escano con só 4.722 votos (3,8%) https://www.lavanguardia.com/elecci... A pregunta sigue en pé, aínda que teñamos todos que aprender algo desta situación.

1 Sentidiño

A pregunta tamén pode ser: por qué se respectan as minorías en Euskadi, ata o punto de non frearen o fascismo, e pola contra a ejpaña do 78 despreza as maiorías territoriais (si, as maiorias nacionalistas vascas e catalás que son tratadas coma minorías problemáticas)?