A chuvia non é suficiente para apagar o lume que aínda está activo no Parque Natural do Xurés

Permanece controlado o incendio que queimou 420 hectáreas en Lobios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2020 | Actualizada ás 10:06

Comparte esta noticia

O incendio forestal rexistrado o pasado sábado na parroquia de Manín no municipio ourensán de Lobios, tras pasar desde Portugal, permanece controlado tras queimar unhas 420 hectáreas no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. As chuvias que caen hoxe en Galicia non axudaron aínda a extinguilo.

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, este lume permanece controlado desde as 20,28 horas deste martes e as últimas estimacións estiman que afecta a unhas 420 hectáreas.

No control deste lume traballaron ata o momento un técnico, 22 axentes, 55 brigadas, 30 motobombas, dúas pas, nove avións e 11 helicópteros, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Foi neste incendio forestal onde se accidentou o pasado fin de semana un hidroavión do operativo de extinción portugués, sinistro no que faleceu o piloto e o seu acompañante resultou ferido.

A Unidade Militar de Emerxencias traballa na extinción do incendio en Lobios
A Unidade Militar de Emerxencias traballa na extinción do incendio en Lobios | Fonte: UME.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta