Que acontece cos empregados do fogar que se contaxian de covid?

A CIG pide que a infección destes traballadores sexa considerado accidente laboral e esixe á administración que "obrigue" ás familias a portar máscara no fogar "mentres os empregados prestan servizo".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2020 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

Debería ser considerado como accidente laboral o contaxio por covid-19 do persoal dos servizo de axuda no fogar? Dende a formación sindical CIG consideran que si e instan ó Goberno a modificar o real decreto que rexe este suposto, "que si inclúe os traballaodres e traballadoras dos centros sanitarios e sociosanitarios", destacan.

Unha sanitaria, antes de realizar un test de coronavirus no Hospital Público da Mariña. EFE
Unha sanitaria, antes de realizar un test de coronavirus no Hospital Público da Mariña. EFE | Fonte: ELISEO TRIGO

O responsable de Organización da CIG-Servizos, Pedro Pérez, destaca a "necesidade" de ampliar o suposto do real decreto Lei 19/2020 do 26 de maio ao persoal do fogar porque este está "igualmente exposto ás infeccións do virus SARS-CoV2" que os traballadores dos centros sanitarios e sociosanitarios. Á parte, destacan o papel destas persoas na "exposición e extensión do virus", xa que adoitan "estar traballando con persoas especialmente vulnerables" e "con importante risco de contaxio" no seu propio domicilio.

MÁSCARA NA CASA

Ante esta circunstancia insisten en reclamar que o persoal dos servizos de axuda no fogar sexa considerado un grupo de risco. “As Administracións teñen que adoptar as medidas preventivas adecuadas nos propios domicilios, obrigando a toda a unidade familiar a manter a distancia física de seguridade e a usar máscara mentres os traballadores/as prestan servizo nos fogares”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta