O foco da Coruña obriga á Xunta a realizar PCR a menores de 40 anos e restrinxir as visitas a hospitalizados

Feijóo non ve necesario limitada a mobilidade na área "polo momento".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2020 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

A Xunta non considera necesario, "polo momento", establecer "medidas de control da mobilidade" na área da Coruña, afectada por un brote de COVID-19 e que rexistra este mércores máis de 460 casos activos, aínda que si decidiu incrementar as restricións na zona e facer "un cribado preventivo" de PCR "aleatorias" entre distintos colectivos e, en especial, entre menores de 40 anos.

Así o explicou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nunha rolda de prensa celebrada este mércores tras unha reunión do comité clínico para estudar a situación epidemiolóxica de Galicia e decidir as medidas a manter ou a implantar. Nas "últimas semanas", coincidindo coa apertura de fronteiras desde o fin do estado de alarma, producíronse "brotes" na Comunidade, recoñeceu Núñez Feijóo, os máis importantes o da Mariña e o actual da Coruña, que incrementaron " a incidencia do virus" en Galicia.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, participa na reunión do comité clínico. XUNTA/ANA VARELA / Europa Press
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, participa na reunión do comité clínico. XUNTA/ANA VARELA / Europa Press

SEN RESTRICIÓNS Á MOBILIDADE

Con todo, e á vista dos datos "analizados", a Xunta decidiu "non establecer medidas de control da mobilidade polo momento". "Iso non significa que, en vista da evolución da situación, non haxa que abordalo nos próximos días", dixo Núñez Feijóo, que lembrou que o comité volverá reunirse a próxima semana. Neste sentido, pediu "responsabilidade" á cidadanía, especialmente "á xente nova". "Necesitamos que se tomen con seriedade as medidas", dixo, xa que "pon en risco" non só a si mesmos, se non "aos seus pais e avós".

Con iso, precisou que se a Administración galega vese "obrigada a ter que confinar comarcas ou cidades uns días", os problemas irán máis aló de "se se pode ir á praia ou non", xa que terán consecuencias económicas para estas áreas. "Se non acertamos, pode haber confinamentos en Galicia nas próximas semanas ou nos próximos meses", admitiu. Núñez Feijóo instou a "non minusvalorar o risco enorme" que existe e fixo un chamamento especial aos habitantes da área da Coruña para que cumpran as normas. "Espero que non teñamos que volver ver caixas de madeira para saber que o virus segue aí", resolveu.

RASTREXO DE CASOS

Outra das medidas adoptadas polo comité de expertos da Xunta a tenor da evolución do virus na área da Coruña será a de incrementar o rastrexo de casos e "ampliar o número de PCR" realizadas. "Aumentarase de forma notable o número de PCR", dixo o presidente galego, que expuxo levar a cabo un "cribado preventivo" en determinados sectores, como os traballadores sociais ou os sanitarios, así como un volume de PCR "aleatorias" nalgúns colectivos para realizar un rastrexo precoz dos casos. Entre estes grupos, mencionou ao de persoas menores de 40 anos, que son as que están a ser máis afectadas o brote.


UNHA "ENORME RELAXACIÓN" NOS CONTROIS

Finalmente, o presidente galego fixo fincapé na necesidade de "tomarse en serio" as medidas aprobadas polo comité clínico, e afeou a municipios e forzas do Estado que non leven a cabo controis máis rigorosos. "Lamentablemente, confirmamos que hai unha enorme relaxación nos controis que levan en vigor o últimos cinco días", dixo Núñez Feijóo. A Xunta dirixirase "unha vez máis" aos concellos e á Delegación do Goberno para solicitar que os distintos corpos policiais "estean vixiantes e proactivos" á hora de "controlar que levan a cabo as restricións".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Ana

Non teñen dereito a confinar poboacion e menos en base a uns test que dan falsos positivos. Primeiro demostren cientificamente que existe o virus. Deixen de arriunar a economia co Coronatimo. Investiguen cantos dos falecidos estaban vacunados da gripe pq ahi esta o "Informe Barbastro".

1 Sentidiño

Dicir que o virus non existe é coma dicir que non hai bacterias, ou que o sarampelo é acné mal curado. A ciencia xa ten demostrado que o SARS-CoV-2 existe, e milleiros de científicos veno no microscopio e traballan con el todos os días. E a terra non é plana.

1 Andando

En a mariña estuvieron cerrados y en a Coruña no que son más chulos señor feijoo