Educación tamén quere que os concellos se impliquen na volta dos nenos aos colexios

"É unha responsabilidade de todas as administracións", asegura a conselleira logo da forte polémica que existe polos protocolos a Xunta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/08/2020 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

A conselleira de Educación, Carmen Pomar, apelou á "colaboración" dos Concellos para que os nenos poidan volver ao colexio no próximo mes de setembro. "É responsabilidade de todas as administracións o feito de facer un esforzo no próximo curso dadas as circunstancias", indicou.

Así se pronunciou ao ser preguntada este xoves nun acto en Cambados, polas críticas de varias administracións locais que piden que a Xunta asuma o incremento do custo da limpeza das aulas polas medidas preventivas da COVID-19. Respecto diso, a titular de Educación lembrou que a limpeza dos centros nos que se imparte ESO e Bacharelato corresponde á Xunta, mentres que no caso dos colexios de infantil e primaria, recae nos concellos.

"Transmitir unha mensaxe de colaboración a todas as administracións, non é o momento de pugnas ou loitas ideolóxicas ou política, é o momento de remar todos no mesmo barco para que os nenos poidan gozar das súas aulas a partir de setembro", manifestou.

REMANENTES

Ademais, aproveitou para referirse a as críticas ao acordo da Federación de Municipios e Provincias (FEMP) e o Goberno sobre os remanentes dos concellos.

"Xa que se está falando tanto dos remanentes de tesouraría dos concellos, desa posibilidade de que vaian parar ás arcas do Estado, é moito máis importante que os concellos sexan capaces de axudar ás súas comunidades educativas e aos seus veciños", indicou.

"Creo que antes de levar eses remanentes, que ao final son os aforros dos impostos dos veciños, sería unha boa medida que se esquecesen esas posibles discrepancias ou loitas que teñan que ver coa ideoloxía e que todos vaiamos a unha, que se apoie á veciñanza, e apoiar á veciñanza apoiar aos centros educativos", indicou.

A conselleira de Educación, Carmen Pomar, visita o CEIP Santomé, en Cambados (Pontevedra). XUNTA
A conselleira de Educación, Carmen Pomar, visita o CEIP Santomé, en Cambados (Pontevedra). XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta