UGT calcula que están sen cubrir o 20% das prazas para as brigadas contra incendios

O sindicato reclama que se cubran "todos os postos vacantes e non vacantes, do mesmo xeito que as baixas de longa duración".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/08/2020 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

UGT denunciou este domingo que en torno ao 20 por cento das prazas en brigadas do dispositivo contra incendios da Xunta están sen cubrir, "o que significa que non se pode garantir a seguridade no traballo".

Nun comunicado, o sindicato criticou a "incompleta e escasa cobertura" do operativo de extinción de incendios forestais en Galicia este verán. Os chamamentos do persoal de reforzo realizados pola Consellería do Medio Rural, afirma, "son incompletos".

O sindicato reclama que se cubran "todos os postos vacantes e non vacantes, do mesmo xeito que as baixas de longa duración". A falta de cobertura, agrega, nótase nas categorías de condutores de motobombas e vixiantes.

Ademais, o sindicato considerou que a política de prevención "é un alicerce fundamental que non é está a manter" e ha denundicado que ten constancia de que se están producindo prolongacións de xornada. Hai tamén unha "clara infradotación de medios" que afecta especialmente o persoal de reforzo, que ten que traballar "co material propio da campaña do ano 2019.

UGT referiuse, por último, ao persoal técnico, que está en folga desde o 1 de agosto, o cal é "un máis na cadea de despropósitos da nefasta planificación da Consellería". O sindicato avisou de que "non atender ás demandas do persoal" contribúe a "enquistar as posicións".

Incendio forestal-REMITIDA - Arquivo
Incendio forestal-REMITIDA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta