Galiza pola República apraza a concentración do xoves polo aumento de casos de COVID

Piden retirar os títulos ao rei emérito e ao Goberno a convocar unha consulta cidadá sobre a monarquía ou a república.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 18/08/2020 | Actualizada ás 10:54

Comparte esta noticia

A plataforma cívica Galiza pola República aprazou a concentración prevista para este xoves, no Obelisco, baixo a lema 'Non queremos monarquía. Que devolvan o roubado' polo "rebrote da pandemia" na área sanitaria coruñesa.

Nun comunicado, explican que o fan "respectando as indicacións da Consellería de Sanidade, dun máximo de 10 persoas nas reunións, polo rebrote da pandemia, e despois de consultar coa subdelegada do Goberno".

Galiza pola República aclara que a concentración se apraza, pero non se suspende e explica que o fai porque quere manter "unha conduta solidaria con toda a xente que está a sufrir as consecuencias desta pandemia e coas que están á combater".

No entanto, recalca que continuará coa súa actividade, "centrada agora na difusión da proposta de moción para o pleno da Coruña do 10 de setembro" na que instan, entre outras cuestións, a retirar os títulos ao rei emérito e ao Goberno a convocar unha consulta cidadá sobre a monarquía ou a república.

Ademais, na primeira quincena de setembro, teñen previsto convocar unha reunión en Santiago para constituír unha plataforma de ámbito galego.

O rei emérito
O rei emérito | Fonte: RTVE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta