Mensaxes de homenaxe para Ánxel Casal no aniversario do seu asasinato por facistas

Políticos, escritores e investigadores honran ó escritor e político galego asasinado en Teo o 19 de agosto de 1936.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/08/2020 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

Días de lembranza para os galeguistas represaliados polo Bando Nacional nos primeiros compases da Guerra Civil. As homenaxes desenvoltan na honra de Alexandre Bóveda e Johán Carballeira chegan hoxe ó que era alcalde de Santiago de Compostela nese 1936 e tratou de impedir o trunfo dos golpistas dende as institucións. Institucións, representantes políticos, escritores, investigadores e demais tuiteiros manifestaron na xornada deste mércores as súas mostras de recoñecemento ó político e editor coincidindo cun acto de homenaxe no lugar de Cacheiras, onde se atopou o seu corpo fai hoxe 84 anos.

Ánxel Casal, alcalde de Compostela asasinado polos Nacionais en 1936
Ánxel Casal, alcalde de Compostela asasinado polos Nacionais en 1936 | Fonte: arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta