Ferrol renova un convenio por 40.000€ para prestar atención psicosocial a menores e familias fronte ó confinamento

As tarefas serán desenvoltas pola entidade Aspaneps.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/08/2020 | Actualizada ás 16:21

Comparte esta noticia

O alcalde de Ferrol, Anxo Mato (PSOE), resaltou este mércores o traballo realizado pola entidade Aspaneps á hora de prestar o seu servizo psicosocial a menores e familias. Segundo manifestou o rexedor, trátase dunha entidade da que destacou que "leva moitos anos apoiando a un colectivo que do mesmo xeito que os adultos sufriu nos últimos meses un importante cambio nas súas vidas" a causa do coronavirus. Así, aproveitou para "felicitar aos traballadores e voluntarios da entidade polo seu magnífico traballo" á vez que se interesou polas súas necesidades.

Estas manifestacións realizounas este mércores, 19 de agosto, no salón de plenos do Concello de Ferrol, durante a firma do convenio anual con esta entidade, dotado de 40.000 euros, rubricado coa presidenta de Aspaneps, Elena Rodríguez Seoane. Os fondos irán destinados a desenvolver durante este ano proxectos de atención socioeducativa a menores.

AGRADECEMENTO

Rodríguez Seoane aproveitou este acto para agradecer tanto ao alcalde como á concelleira de Benestar Social, Eva Martínez, "o bo clima de entendemento" entre a administración local e a entidade e o apoio municipal "para seguir prestando atención socioeducativa aos menores". "Agradecemos que se valore o esforzo dos nosos traballadores e voluntarios", apostilou.

O alcalde de Ferrol, Anxo Mato, asinan un convenio con Aspaneps.. CONCELLO DE FERROL
O alcalde de Ferrol, Anxo Mato, asinan un convenio con Aspaneps.. CONCELLO DE FERROL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta