O PP reclama no Senado que o Goberno "esclareza" a morte do coruñés Diego Bello en Filipinas

O mozo foi asasinado de "forma deliberada" pola policía.

Por E.P. | A CORUÑA | 20/08/2020 | Actualizada ás 11:19

Comparte esta noticia

O PP reclama, a través dunha pregunta escrita do senador pola Coruña Miguel Lorenzo, que o Goberno central informe de "que medidas" tomará o Goberno central para "esclarecer" a morte do coruñés Diego Bello en Filipinas en xaneiro deste ano.

Lorenzo asegura, nun comunicado de prensa, que o informe elaborado pola Comisión de Dereitos Humanos do país asiático conclúe que a policía "disparou de forma deliberada" ao coruñés, que, lembra, rexentaba varios negocios na illa de Siargo.

Segundo indica o senador do PP, o informe "desmonta" a versión ofrecida ata a data polas autoridades filipinas de "lexítima defensa". É por iso que Lorenzo esixe "maior implicación" ao Goberno no caso, que considera "unha flagrante violación de dereitos humanos dun cidadán español no exterior".

O popular apunta que o Goberno está obrigado a ofrecer unha contestación á resposta exposta no prazo de 30 días, segundo o regulamento do Senado.

Concentración para reclamar xustiza para Diego Belo. PLATAFORMA XUSTIZA PARA DIEGO - Arquivo
Concentración para reclamar xustiza para Diego Belo. PLATAFORMA XUSTIZA PARA DIEGO - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta