Timadores galegos utilizan o rostro de presentadoras de televisión para a venda de máscaras defectuosas

Detrás desta fraude estaría un mozo galego experto en motor que xa fora detido anteriormente por un presunto delito de estafa.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Diferentes presentadoras de programas da televisión, entre as que están Susanna Griso, Carlota Corredera e María Patiño, foron o obxectivo duns delincuentes galegos para cometer determinados delitos. Neste caso, o uso fraudulento da súa imaxe con fins comerciais aproveitándose da súa fama.

Espejo Público foi o programa que denunciu o fraude polo uso fraudulento da imaxe da súa presentadora, Susanna Griso.
Espejo Público foi o programa que denunciu o fraude polo uso fraudulento da imaxe da súa presentadora, Susanna Griso. | Fonte: ATRESMEDIA

Os estafadores colleron as súas fotografías para tratar de vender a posibles clientes máscaras que, en realidade, eran un timo

Espejo Público, o programa que presenta Susanna Griso, denunciu por utilizar a imaxe da súa presentadora e acusou a un mozo galego de vender máscaras defectuosas coa imaxe da xornalista catalá a máis de 2.000 persoas. O total da fraude: 200.000 euros.

Parece ser que un "influencer" galego estaba a vender máscaras coa imaxe da catalá mediante un rótulo que dicía: “Máscara FFP3 en stock”. Máis de 2.000 persoas compraron as máscaras e inmediatamente déronse conta de que foran vítimas dunha estafa porque non recibiron a confirmación do pedido, non recibiron as máscaras ao pouco tempo como indicaba no anuncio e ademais, recibíronas dentro dunha bolsa de lixo. Ademais, as máscaras son defectuosas e non tiñan ningún tipo de protección

Detrás desta fraude estaría un mozo experto en motor que xa fora detido anteriormente por un presunto delito de estafa. Agora, tras recadar máis de 200.000 euros poderían imputarlle por outros delitos contra a saúde pública e por publicidade enganosa ao empregar a imaxe da presentadora de Antena 3 sen o seu consentimento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta